En colaboración coas Oficinas de Fomento Cooperativo, Ugacota vai desenvolver sete seminarios de inserción laboral baixo o lema Autoemprego Cooperativo. O obxectivo destes seminarios é dar a coñecer o cooperativismo como alternativa válida para o acceso ao emprego.

 

Os seminarios enmárcanse dentro das actividades do proxecto Coopera+, cofinanciado polo PROGRAMA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL ESPAÑA – PORTUGAL 2007 -2013, cuxo obxectivo é articular medidas que contribúan ao fomento e consolidación das cooperativas na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal.

 

Os seminarios desenvolveranse entre os días 20 ao 31 de maio, teñen unha duración de dez horas cada un, a razón de 5 horas día (2 días lectivos). Están abertos á participación de tódalas persoas interesadas.

Datas e lugares de realización:

– OFC do Consorcio das Mariñas (A Coruña), Concello de Abegondo, 21 e 22 de maio.

– OFC da Mancomunidade de Concellos Arousa Norte (A Coruña), Concello de Boiro, 30 e 31 de maio.

– OFC da Agrupación de Concellos de Lugo (Lugo), Concello de Lugo, 23 e 24 de maio.

– OFC da Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés, Concello de Melide, 31 de maio.

– OFC da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, Concello de Salceda de Caselas, 22 e 24 de maio.

– OFC da Mancomunidade de Concellos de Ordes, Concello de Ordes, 27 e 28 de maio.

– Concello de Moraña (Pontevedra), 3 e 4 de xuño.

 

Para consultar o programa do seminario prema aquí: FICHA_SEMINARIO COOP+

Para mais información e inscricións, chamar ao 981 575 578 (Rosa) ou escribir a: rosaab@ugacota.org