Na Unión damos a benvida a tres novas cooperativas que se unen a Espazocoop, Nosa Enerxía, Triwus e Adelante.

Nosa Enerxía, S. Coop. Galega

Nosa Enerxía naceu como a primeira cooperativa galega que ten por actividade a comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovable certificado. Apostando pola sostenibilidade enerxética e por unha xestión trasparentes. Actualmente conta con 325 socias/os.

Son unha cooperativa de consumo con sede en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Web de Nosa Enerxía.

Triwus, S. Coop. Galega

Adícanse ao deseño web, deseño de software, e ao deseño gráfico, tamén fan consultoría estratéxica. Son unha cooperativa de traballo asociado que estan en Boiro (A Coruña).

Web Triwus

Adelante Grupo Inmobiliario S. Coop. Galega

Asesoría inmobiliaria, arquitectura e deseño, obras e reformas. Son cooperativa de traballo asociado que están na cidade de Vigo. Non son unha inmobiliaria convencional, son moito máis. Formado por un equipo capacitado a nivel legal, burocrático e técnico, dun sector dilapidado polas malas prácticas e o descoñecemento.

Web Adelante