Se presenta el Informe de la Economía Social en Galicia 2021
O Centro de Estudos Cooperativos (Cecoop) da Universidad de Santiago de Compostela (USC) presentou o Informe da Economía Social en Galicia 2021, que actualiza a información do Libro Branco da Economía Social en Galicia.
O estudio realiza unha fotografía do sector e a súa evolución nos últimos anos, respondendo ás demandas do Plan de Acción Europeo da Economía Social, aprobado pola Comisión Europea en decembro de 2021, que establece como un dos seus obxetivos clave aumentar a visibilidade da economía social mediante a recopilación de datos e estadísticas adecuados.
Analízanse as entidades da economía social: cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción laboral, mutuas e mutualidades, confrarías de pescadores e pescadoras, sociedades agrarias de transformación e comunidades e mancomunidades de montes veciñais en man común, esta última unha figura propia de Galicia.
Recolle un apartado sobre o marco xurídico e novidade lexislativas, outro no que se analizan as políticas públicas para o desenvolvemento da economía social galega, o sector financeiro cooperativo en Galicia e unha aproximación ao impacto socioeconómico das sociedades laborais e as cooperativas en Galicia.
No ano 2021 creáronse en Galicia 135 cooperativas, con 443 persoas socias promotoras (51% mulleres); 28 sociedades laborais, con 78 persoas socias (35% mulleres); 10 centros especiais de emprego e unha empresa de inserción laboral.
20.000 persoas e máis de 6.000 organizacións
Segundo o Informe, en total son 1.145 cooperativas e 656 sociedades laborais activas as que operan en Galicia. Ademais, hai 117 Centros Especiais de Emprego, 13 Empresas de Inserción Laboral, 4 mutas e mutualidades, 35 confrarías de pescadores e pescadoras, 1.072 sociedades agrarias de transformación e 3.013 comunidades de montes veciñais en man común.
Sobre o número de emprego xerados, a estimación provén de datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social, referidos ao 2º trimestre del ano 2020 (último publicado) e só para cooperativas e sociedades laborais inscritas na Seguridade Social. Os datos son de 7.917 empregos en cooperativas e 2.162 en sociedades laborais.
Para os Centros especiais de emprego, os datos de SABI dan un volume de emprego de 2.013 persoas e para as Empresas de Inserción laboral, a partir de AEIGA, 8 das empresas afiliadas proporcionan 182 empregos. Nas mutualidades (a partir dos seus informes e consulta directa) teríanse 13 empregos directos en Galicia.
Para outras familias da economía social galega resulta difícil estimar datos de emprego, aínque que pode destacarse que nas confrarías as afiliacións de persoas traballadoras ascende a unhas 7.500. As 63 confrarías de pescadores e pescadoras son unha terceira parte do total do estado. O que indica o seu peso.
En definitiva, os datos da economía social en Galicia empregan a preto de 20.000 persoas de forma directa.
Acto de presentación na USC
No acto de presentación do Informe en Santiago participaron a Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Mª Jesús Lorenzana; a Vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias; o Decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Xoán Doldán; o presidente do Foro pola Economía Social Galega, Celso Gándara; a directora do Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP), Maite Cancelo, e o presidente científico do CECOOP, Manuel Botana.
Descargar el Informe de la Economía Social en Galicia 2021
*Foto: Santi Alvite