As Xornadas “creActiva, arte e cultura como medio e opción de vida” celebraranse no marco do Programa Emprendemento Coruña, e terán lugar os próximos días 15 e 16 de Setembro de 2017 nas Instalacións do centro municipal de co-working Accede Papagaio.

O Programa Emprendemento Coruña é unha aposta por facilitar un espazo de encontro e xeracion de ideas, de asesoramento, formación e axudas á creación de empresas e ao fomento da actividade emprendedora: innovadora, sostible, internacional e da economía creativa; así como de actividades informativas e de networking dirixidas a todas as persoas interesadas en emprender e entidades que están traballando no ámbito do emprendemento innovador e emerxente.

CreActiva, arte e cultura como medio e opción de vida

Xornadas para a xeración de ideas, networking, detección de necesidades e creación de sinerxias entre os axentes que están revolucionando a economía creativa a nivel local: artes plásticas, cultura, industria creativa, marketing dixital, animación, videoxogos, publicidade, novas tecnoloxías aplicadas á creatividade, etc.

Encontros dirixidos a iniciativas do sector cultural e da industria creativa

Programa :

As experiencias que nos inspiran (en aberto)

Venres, 15 de setembro | 10:00 – 13:30

  • Olga Osorio, realizadora e produtora de cine (Miss Movie)
  • Manel Cráneo, artista multidisciplinar e produtor cultural (Demo editorial e Planeta Mincha)
  • Cecilia Portela, deseñadora de moda (Makta)

As redes que nos sosteñen (inscrición previa)

Venres, 15 de setembro | 16:00 – 19:30

As conexións que nos impulsan (inscrición previa)

Sábado, 16 de setembro | 10:00 – 14:30

Xornada coordinada por Rexenerando S. Coop. Galega

Inscríbete aquí