Programas POISES 2020-2023 de EspazoCoop

 

 

 

Servizos de emprendemento e consolidación de cooperativas galegas cofinanciados polo FSE a través de Cepes

POISES é o Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social cofinanciado polo Fondo Social Europeo, convocado por Cepes, a través do cal realízanse as accións dos proxectos aprobados á Unión de Cooperativas EspazoCoop e desenvoltos no período 2020-2023.

POISES é un dos instrumentos que o goberno de España deseñou para contribuír ao logro dos obxectivos marcados pola Estratexia Europea, especialmente os relacionados co crecemento integrador.

En concreto, EspazoCoop desenvolve e participa en 3 POISES durante os anos 2020-2023:

  • Programa `Consolida a túa Cooperativa´: Servizo de Apoio á Mellora Competitiva das Cooperativas Galegas 

Dentro de POISES para o Obxectivo Específico 8.3.1_2 | Período de execución: de setembro 2020 a agosto de 2023

  • Programa `Emprender en Cooperativa´: Apoio ao Emprendemento Cooperativo en Galicia

Dentro de POISES para o Obxectivo Específico 8.3.1_1 | Período de execución: de xaneiro 2021 a agosto de 2023

  • Programa `Platform Coops´: Apoio á Creación de Cooperativas de Plataforma
    Dentro de POISES para o Obxectivo Específico 8.3.1 | Período de execución: de setembro de 2020 a agosto de 2023

 

Consolida a túa cooperativa

Un programa POISES de servizos de acompañamento e asesoramento a cooperativas en Galicia para consolidar e mellorar a súa competencia e posición, apoiando procesos de xestión, transformación e crecemento.

O servizo e os procesos de acompañamento compleméntanse con actividades formativas e encontros para mellorar a capacitación das socias e do persoal directivo da cooperativa.

Desta maneira búscase tamén posicionar o cooperativismo como sector de referencia no mantemento e xeración de emprego estable.

Resultados

As cifras dos resultados da execución do programa CONSOLIDA A TÚA COOPERATIVA de EspazoCoop arroxan un total de 6.080 horas de Acompañamento e asesoramento, con 40 cooperativas beneficiarias (97 persoas, das que o 51,52% son mulleres), e 40 plans de mellora.

Cooperativas beneficiarias de Acompañamento: Almeiro – Arbore Consumo Consciente – Ardora – Bico de Grao – Catro Ventos Editora – Cofepa – Galicloud – Laboratorio Escénico – Milramas – Miudiño – Mulleres Colleiteiras – Nosa Enerxía – O Alcouve da Moura – Rexenerando – Seteoitavas – 13 Grados – Árbore Arqueoloxía – Aventeira – Cal3 – Enraizando – Esmuvigo – Labrecos – Maos – Metrópolis – Miraxe – Pegadas – Sacauntos – Simbiosis- Xeitura – Avada – CRU Produccións – Fillas Da Terra- Geomático- Increscendo Colectivo – Lento – Mareira Bizi- Micelio Terapias – Monte Branco- Sétima – Colexio Vila de Arenteiro.

Este programa contemplou tamén a realización de 10 Encontros de asesorías grupais, con 100 beneficiarias. No tocante ás actividades de formación, celebráronse 20 Cursos para adquirir capacidades directivas en cooperativas e diversas competencias e coñecementos en materias cooperativas, e as edicións correspondentes do programa de formación xerencial de EspazoCoop, que representan 360 horas de formación impartida e 337 persoas beneficiarias.

Cursos desenvolvidos, algúns deles varias edicións, nas actividades formativas de «Consolida a túa Cooperativa»:

  • Dirixir en tempos de crise.
  • Formación de cadros directivos de cooperativas.
  • Contabilidade cooperativa, nivel 0, e nivel pro.
  • Formación comercial.
  • Ferramentas e canais dixitais para impulsar as vendas.
  • Contratación pública.
  • Innovación: recursos e estratexias.
  • Formación de xerencias cooperativas.
  • Organizacións transformadoras: facilitación e xestión de grupos.
  • Habilidades para a resolución de conflictos.
  • ODS da estratexia ao impacto.
  • Transformación dixital.
  • Comunicación dixital integral para a economía social.
  • Ecosistemas: intercooperación como estrategia de fortalecimiento, crecimiento y consolidación.

Financiadoras

O Fondo Social Europeo, a través da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), na súa calidade de organismo intermedio do POISES, financiou con 64.137,89 euros o proxecto CONSOLIDA A TÚA COOPERATIVA da UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS ESPAZOCOOP que se desenvolve entre setembro de 2020 e agosto de 2023 e que está destinado a apoiar a mellora das cooperativas galegas.

Emprender en cooperativa

Un programa POISES denominado EMPRENDER EN COOPERATIVA de servizos de apoio ao emprendemento cooperativo en Galicia para crear novas empresas e emprego na economía social especialmente no cooperativismo, incrementando o número de empresas cooperativas sostibles, asesorando e acompañando a grupos de persoas que promoven proxectos empresariais baixo o modelo cooperativo.

Mediante un itinerario personalizado de formación e acompañamento destinado a definir a idea de negocio, analizar tanto a viabilidade técnica como económica e organizativa dos proxectos empresariais e acompañar no proceso de constitución e posta en marcha do proxecto, a nivel societario e empresarial ao tempo que apoiar a súa consolidación inicial durante o primeiro ano de vida.

O servizo de EspazoCoop, ademais do acompañamento a persoas emprendedoras, contempla accións de fomento do emprendemento na economía social en colaboración con outros axentes, redes e circuitos de atención ao emprendemento. Tamén inclúe accións con centros de ensino e co seu alumnado maior de 16 anos para elaborar proxectos empresariais vinculados ao modelo cooperativo ou a outros modelos da economía social.

Resultados

Os resultados da execución do programa EMPRENDER EN COOPERATIVA de EspazoCoop supoñen máis de 3.000 horas de Acompañamento e asesoramento, 318 persoas atendidas na primeira fase de orientación e 125 persoas nos procesos de desenvolvemento dun proxecto empresarial, 52 cooperativas creadas, e 119 empregos cooperativos (59 mulleres e 60 homes).

Ademais, formalización de 28 convenios de colaboración con distintas entidades para promocionar o cooperativismo, e actividades de sensibilización e formación:

  • «E ti, Coñeces a Fórmula?»: 17 charlas de divulgación del cooperativismo, en 16 centros de ensino, con 239 beneficiarias.
  • «Talleres de Formación»: 32 cursos, varias edicións dos seguintes talleres: Lánzate a emprender en cooperativa, Traballo en Equipo, e Ideas Cooperativas en Acción. Un total de 800 horas de formación e 506 beneficiarias.
  • «En Cooperativa»: 18 seminarios de sensibilización cooperativa, 10 talleres, que beneficiaron a 475 persoas de 10 centros de ensino galegos.

Financiadoras

O Fondo Social Europeo, a través da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), na súa calidade de organismo intermedio do POISES, financiou con 119.609,16 euros o proxecto EMPRENDE EN COOPERATIVA da UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS ESPAZOCOOP que se desenvolve entre xaneiro de 2021 e agosto de 2023 e que está destinado a apoiar o emprendemento cooperativo en Galicia.

Platform Coops

PLATFORM COOPS, é un programa POISES para apoiar e dar soporte na creación de cooperativas de plataforma dixital e desenvolver capacidades emprendedoras. Realízase como un proxecto plurirexional realizado en colaboración con outras entidades do territorio do estado e liderado por Mondragon Unibertsitate.

É un servizo de fomento do emprendemento na economía social, en especial de base tecnolóxica, en colaboración con redes e circuitos ordinarios de atención a persoas emprendedoras.

Busca impulsar o empoderamento da cidadanía tomando unha actitude activa na construcción dunha economía dixital e democrática a través da constitución de empresas que aseguran as condicións de traballo xustas mediante un programa de aceleración de cooperativas de plataforma.

Desenvolve módulos formativos en cooperativismo de plataforma de carácter práctico que permitan ás personas participantes experimentar coa creación de prototipos, e xerar unha incubadora/aceleradora de solucións seleccionadas que dé lugar a una rede a nivel Estatal que desenvolva novos emprendementos cooperativos.

Resultados

Os resultados da execución do programa PLATFORM COOPS de Mu Empresagitza S. Coop. en colaboración con EspazoCoop TZBZ S. Coop., Florida Centre de Formació C.V., Escuela Andaluza de Economía Social e a Universidade de Mondragon, supoñen a participación de EspazoCoop na execución de 4 edicións do Curso Cooperativas de Plataforma Xa! e a elaboración de 5 plans de viabilidade empresarial (dentro dun global de: 26 plans, 6 empresas creadas e 120 participantes).

Financiadoras

O Fondo Social Europeo, a través da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), na súa calidade de organismo intermedio do POISES, financiou con 285.788,97 euros o proxecto PLATFORM COOPS da Mu Empresagitza S. Coop en colaboración coa UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS ESPAZOCOOP que se desenvolve entre setembro de 2020 e agosto de 2023 e que está destinado a apoiar a mellora das cooperativas galegas.

 

COFINANCIA: