Mulleres Colleiteiras en Campaña de Avales para financiarse con Coop57
Apúntaste? Queres ser parte das garantías dun Proxecto de Economía Circular, Cooperativo e formado por Mulleres?
A cooperativa MULLERES COLLEITEIRAS inicia unha Campaña de recollida de avais, busca con elo acceder a financiamento para o seu proxecto profesional a través da solicitude dun préstamo a COOP57. Esta entidade de servizos financeiros ofrece un tipo de finanzas éticas con maior implicación social que apoia proxectos da economía social, como Mulleres Colleiteiras S. Coop. Galega.
Calquera pode apoiala para que acade financiamento, como? subscribindo un Aval e non implica desenvolsar diñeiro. Trátase de sumarse a unha garantía de natureza mancomunada, e supón que o importe total do préstamo que solicitan divídese de forma proporcional entre todas as persoas avalistas.
Para acceder a financiamento de Coop57, un dos requisitos é a subscrición de avais mancomunados, por un importe igual ao que se solicita a organización interesada.
Para que a campaña de avais sexa exitosa precisan amosar que a economía social e solidaria é unha rede colaborativa e que actúa como tal, por iso solicitan apoio para subscribir avais e para facer difusión da súa campaña. Aquí deixamos toda a información para que poidades valorar a subscrición de avais.
[ Coop57 outra forma de financiar ]
Información da solicitude de préstamo por MULLERES COLLEITEIRAS S. Coop. Galega:
Préstamo a avalar
- Empréstito a longo prazo.
- Importe : 25.000 euros.
- Prazo : 4 anos.
- Finalidade : Financiar a compra dunha furgoneta nova.
Avais mancomunados
- Importes de subscrición : Avais entre 300,00 e 5.000,00 € (por avalista).
- Período de vixencia do aval: De maio do 2022 a abril 2026.
Que son os avais mancomunados?
- Garantía que Coop57 solicita para a concesión do préstamo.
- Un compromiso con Mulleres Colleiteiras, que NON supón desembolso de diñeiro.
- A súa natureza mancomunada supón que o importe total do préstamo divídese de forma proporcional entre todas as persoas avalistas.
- Son persoais e non patrimoniais.
Prazo para comunicar a vontade de subscrición
Venres 6 de Maio do 2022
Coordinación e xestión
Mulleres Colleiteiras Sociedade Cooperativa Galega.
Mulleres Colleiteiras Sociedade Cooperativa Galega é unha cooperativa sen ánimo de lucro formada por mulleres con dificultades para acceder ao mercado laboral. A actividade principal da empresa é a recollida e xestión dun residuo altamente contaminante: aceite vexetal usado (doméstico) e a difusión do proxecto, da economía social e circular e a reciclaxe. Somos transportistas, xestoras e axentes de residuos non perigosos, ademáis de estar certificadas en ISCC e ISO 9001.
Nace do traballo desenvolvido durante anos nos asentamentos chabolistas da cidade da Coruña por persoas voluntarias de ASF (Arquitectura sen Fronteiras), ong promotora e socia colaboradora da nosa cooperativa.
Entre os requisitos para poder ter acceso ao financiamento de Coop57 que procura Mulleres Colleiteiras, está a subscrición de avais mancomunados por un importe igual ao que se solicita.
COMO PODES COMUNICARNOS A SUBSCRICIÓN DE AVAIS MANCOMUNADOS?
[Por correo postal] Rúa O Barbanza, nave 9, Pol. Ind. Iñás, 15171, Oleiros, A Coruña.
[Por teléfono] 608549354
[Por email] mullerescolleiteiras@gmail.com
COMO SE FORMALIZA O AVAL MANCOMUNADO ?
[PASO 1] Comunicar a Mulleres Colleiteiras a vontade de subscribir un aval, ata o venres 6 de Maio de 2022.
[PASO 2] Despois do prazo indicado, solicitaremos a cada avalista o documento de compromiso de aval (cumprimentado e asinado, xunto do Dni ou CIF), en formato dixital, a enviar por correo electrónico a antes do mullerescolleiteiras@gmail.com 9 de Maio de 2022.
No caso de que non poida asinar o aval de forma electrónica, enviar por correo postal o documento orixinal de compromiso de aval a: Mulleres Colleiteiras – Rúa O Barbanza, nave 9, Pol. Ind. Iñás, 15171, Oleiros, A Coruña. .
Solicitudes para subscribir aval | Solicitude persoa física – Solicitude persoa xurídica ou entidade
Xuntas podemos facer cousas que por separado sería máis difícil !!
MÁIS INFORMACIÓN nestes links:
Preguntas máis Frecuentes, FAQs para avalistas | FAQs, neste enlace
Memoria | Memoria de Mulleres Colleiteiras