Un grupo de cooperativas galegas de produto alimentario estarán no Fórum Gastronómico 2017 que terá lugar en Expocoruña, entre os días 12 e 14 de marzo. Entre outras, participan as cooperativas socias de Espazocoop: Como Cabras, Pulponor, Milhulloa, e Cannaliza.
Fai clic : Dossier informativo Expositores do Cogaco no Fórum Gastronómico
Esta participación desenvolverase a través dun posto común do Consello Galego de Cooperativas onde se informará sobre todos os aspectos do cooperativismo, as súas potencialidades e as solucións que ofrece como modelo empresarial capaz de manter e crear emprego. E ademais daranse a coñecer ao público e aos profesionais asistentes produtos e servizos prestados por 16 cooperativas galegas co fin de establecer contactos, relacións comerciais e desenvolver redes de cooperación empresarial para, deste xeito, contribuír a fortalecer o sector e poñer en valor o feito diferencial cooperativo.
Así mesmo, as cooperativas asistentes participarán nuns encontros con doce importadoras procedentes de Holanda, Bélxica, Reino Unido, Irlanda, Polonia e México co fin de darlles a coñecer os produtos novedosos e de calidade da gastronomía propia de Galicia.
As cooperativas presentes no Fórum Gastronómico presentarán produtos lácteos e derivados, apícolas, cárnicos, hortofrutícolas, do mar e da pesca, vitivinícolas e doutras bebidas, son: Artesáns da Pesca, S. Coop. Galega; Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, S. Coop. Galega; Bodega Cooperativa Virgen de las Viñas, S. Coop. Galega; Bodegas Eidosela, S. Coop. Galega; Cannaliza, S. Coop. Galega; Como Cabras, S. Coop. Galega; Condado Paradanta, S. Coop. Galega; Cooperativa Agraria Provincial, S. Coop. Galega; Cooperativas Lácteas Unidas, S. Coop. Galega; Freshcut, S.L.; Milhulloa, S. Coop. Galega; Productores del Campo de Capela, S. Coop. Galega; Pulponor, S. Coop. Galega; Terras da Mariña, S. Coop. Galega; Verín-Biocoop, S. Coop. Galega e Vicogalo, S. Coop. Galega.
Fonte: Web Eusumo