LANZA AS TÚAS IDEAS | Aproveita a liña de apoio da Xunta para as entidades da economía social. Axudámoste!

Publicouse no DOG a convocatoria de axudas Bono Consolida Economía Social, con tal motivo informamos da campaña conxunta das cooperativas Coma Comunicación Creativa e BenCuriosa, que vos ofrecen ás empresas do sector da economía social unha serie de servizos, vinculados coas áreas que subvenciona o Bono Consolida.

Este tándem de intercooperación formado por socias de EspazoCoop ponse a disposición daquelas entidades da economía social que queiran contar coa súa axuda para presentar unha proposta a través da convocatoria. Onde poden achegar un maior valor é nos seguintes ámbitos, polas características especiais que requiren a liña de transformación dixital e as de comunicación:

  • Actividades culturais, de ocio e deportivas
  • Audiovisual
  • Consultoría, asesoramento
  • Educación, formación
  • Medio ambiente
  • Servizos ás persoas e a comunidade

Crearon un espazo web con toda a información: https://www.coma.gal/bono-consolida/

LANZA AS TÚAS IDEAS | Aproveita a liña de apoio da Xunta para as entidades da economía social. Axudámoste!
Prazo de solicitudes Bono Consolida Economía Social: 30/09/21

Bono consolida economía social. Finalidade: Apoiar a consolidación das entidades da economía social de Galicia co fin de remediar a grave perturbación que na economía galega provocou o brote da Covid-19, facilitándolles acceso á liquidez e protección mediante liñas de axudas que, con especial incidencia na transformación dixital, melloren a súa actividade económica, incrementen a súa competitividade e en definitiva manteñan empregos de calidade.