A Intercooperación en 10 claves
EspazoCoop publica «A Intercooperación en 10 claves» unha pequena guía divulgativa para cooperativas e persoas interesadas que busca pór en valor o principio da intercooperación, unha práctica de funcionamento que distingue o modelo empresarial cooperativo.
A iniciativa fai parte do programa «Itinerario de Intercooperación» de EspazoCoop, programa que contou co apoio da Rede Eusumo da Xunta de Galicia.
Presenta de xeito sinselo e básico algúns dos principais puntos clave para saber en que consiste, e para construír relacións e proxectos de intercooperación entre cooperativas e organizacións de economía social. Ademais aporta experiencias e casos reais con enlaces a vídeos coas protagonistas, creados dentro deste mesmo programa.
A guía, elaborada pola Unión de Cooperativas Espazocoop, pode ser de utilidade tanto para cooperativas en funcionamento como para grupos de persoas que están constituíndo unha, a través dela poden coñecer que é a intercooperación e cales son as súas potencialidades e vantaxes para a actividade e acción das empresas cooperativas.
Agardamos sexa un material de interese.
Descarga A Intercooperación en 10 claves aquí
———–
[Esta actividade encádrase na Programación da Rede Eusumo 2023. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.]