I Xornadas de Ensino Inclusivo

«SISTEMA INCLUSIVO: ESCOLA, SOCIEDADE E EMPREGO»

Dentro do Plan de actividades da Unión Española de Cooperativas de Ensino (UECoE) para 2019, está a celebración das Xornadas “Sistema inclusivo: Escola, Sociedade e Emprego» previstas para os días 13, 14 e 15 de maio de 2019 en Tenerife.

Programa preme aquí, no mesmo atópase ademais o enlace para que aquelas persoas e colexios cooperativos que o desexen podan inscribirse.

Trátase de xornadas dirixidas ao profesorado e persoal especializado de centros de ensino públicos ou privados, nos que se imparta ensino de réxime xeral e de réxime xeral especial dos diferentes niveis, excepto o universitario.

O prazo de inscrición finaliza o 30 de abril de 2019.

Por se resulta de utilidade á hora de preparar a viaxe das participantes nestas xornadas, dende UECoE comentan algunhas cuestións:

  • Por cercanía aos lugares onde se celebran as Xornadas, sería convinte elixir voos con chegada e saída ao aeroporto de Los Rodeos (Norte).
  • En canto aos horarios para a volta o día 15, sinalar que o Colexio Echeyde II, onde terá lugar a última sesión, está a tan só uns 15 minutos do aeroporto.
  • Aínda que as Illas Canarias disfrutan dun clima privilexiado durante todo o ano e, por suposto, durante o mes de maio, sería conveniente levar algunha prenda de abrigo xa que as temperaturas tanto en La Laguna pola noite como na visita ao Teide poderían ser máis frescas do previsto.

Para calquera pregunta ou aclaración podedes poñervos en contacto con Luisa (de UECoE) a través do teléfono 91 447 34 63 ou vía mail a formacion@uecoe.es

Dende EspazoCoop animamos ás cooperativas de ensino socias de EspazoCoop a asistir ás xornadas, se vos animades e vos inscribides agradeceríamos que nos comuniquedes a vosa participación nesta actividade (Roberto Andrés 986 866 149 – roberto@espazo.coop) de cara a saber o nivel de aceptación e participación nas iniciativas plantexadas.