O Foro global sobre nova economía ten lugar no Palacio de Congresos de Málaga do 19 ao 22 abril, e ao evento asiste representación da unión Espazocoop. O NESI será un lugar de encontro para empresas, emprendedoras/es sociais, ONG, activistas, movementos sociais, administracións públicas e Universidades que están traballando pola construcción dunha economía máis sostible, social, xusta, colaborativa e orientada ao ben común.

Obxetivos do NESI

– Crear unha folla de ruta marcada por expertas/os mundiais que guíe os pasos dos gobernos cara un novo paradigma basado en valores e que garantice o benestar de todas as persoas.

– Iniciar o intercambio de propostas e información para crear sólidos vínculos de cooperación entre organizacións de todo o mundo, que fructifiquen en estratexias e plans para que as participantes actúen de forma colaborativa, incluíndo novos modelos de economía, ONG, asociacións empresariais, administraciónss públicas e movementos sociais.

– Movilizar ás empresas, ONG, movementos sociais, mundo académico e sociedade civil para contribuir, mediante procesos (de abaixo cara arriba) á consecución dos Obxetivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas e os obxetivos do Acordo de París en Cambio Climático.

Máis información na web: neweconomyforum.org