FESTICOOP 2021

Dende a Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso (A Coruña), coa que a Unión de Cooperativas EspazoCoop temos asinado convenio de colaboración, organizan Festicoop -a feira das cooperativas- un evento encadrado na 39 edición do Festiletras, trátase dunha exposición de cooperativas que mostrarán os seus produtos e servizos para darse a coñecer entre a cidadanía.

O evento terá lugar o sábado 4 de setembro, en horario de 11:00 a 20:00 horas na aldea do Couto en Ponteceso.

Lugar de celebración de FESTICOOP: Santo Tirso de Cospindo – O Couto

11.00 h. INAUGURACIÓN
Salón de Actos da Fundación Eduardo Pondal

Café de benvida no cabanote fronte da Fundación.
Público: Interesadxs no mundo cooperativo

Interveñen Autoridades de Emprego e Xuventude- Xunta de Galicia (11.00 h)

11.15 h. PALESTRA DIVULGATIVA SOBRE COOPERATIVISMO 

A cargo de ESPAZOCOOP no Salón de Actos da Fundación.
Destinatarias : Grupos de emprendemento e interesadxs no cooperativismo

11.00 – 20.00 h. CASETAS EXPOSITIVAS DE COOPERATIVAS

Participación de cooperativas galegas, entre elas un grupo de socias de EspazoCoop, en cabanotes-alpendres próximos á Fundación e con diversas actividades de presentacións de cooperativas na eira para darse a coñecer e interactuar co público.

Festicoop esta dentro de Festiletras 2021 e contará ese día, sábado 4 de setembro, con outras actividades complementarias:

MAÑÁ

13 horas.Concerto da Banda Infantil de Xinzo.
14 horas. Concerto do grupo Caldo.

Pasarúas de música tradicional pola exposición.

TARDE
Continúan os percorridos de música tradicional.

* Nova na prensa sobre a programación de Festiletras 2021