O Colexio de Enxeñeiras/os Industriais da Coruña e EspazoCoop impulsarán o emprendemento e a actividade empresarial cooperativa a través da sinatura dun convenio de colaboración.

A Unión comprométese a ofrecer charlas, actividades de formación e asesoramento dirixidas a mellorar a cualificación profesional e empresarial das colexiadas/os.

Impulsar o emprendemento e promover a actividade empresarial cooperativa entre as colexiadas/o. Ese é o obxetivo que Coeticor (Colexio Oficial de Enxeñeira-os Técnicas-os Industriais da Coruña) e a Unión de Cooperativas EspazoCoop esperan conseguir coa sinatura do seu último convenio.

O decano do Colexio, Macario Yebra Lemos, e o xerente de EspazoCoop, Constantino A. Gago Conde, formalizaron este acordo de colaboración.

A través do mesmo, Coeticor reafirmará a súa aposta por promover o cooperativismo, a economía social e o fomento do emprego e do autoemprego. Pola súa parte, a Unión comprométese a realizar actividades de información, asesoramento e formación dirixidas a mellorar a cualificación profesional e empresarial das colexiadas. Ademais, a través desta colaboración, os asociados e asociadas de Coeticor poderán disfrutar de atención individual e orientación sobre o cooperativismo.

Como parte deste acordo, a sede do Colexio en A Coruña acolleu a finais de novembro, unha ponencia sobre O Cooperativismo como vía de acceso ao emprego e á actividade empresarial -enmarcada dentro das Xornadas Coeticor 2019-.

Con elas o Colexio tratou de informar sobre as virtudes do cooperativismo como fórmula de emprendemento e actividade empresarial. Ao longo da charla, as persoas participantes descubriron o marco xurídico e as condicións e pasos a dar para emprender baixo este modelo.

Constantino Gago Conde foi o encargado de dirixir esta charla. O programa das Xornadas abordaron as vantaxes, ferramentas e os pasos a dar para a constitución dunha cooperativa, así como as axudas e apoios existentes.