AGACA achégamos a convocatoria da actividade conxunta ECONOMIA SOCIAL MEETING do Foro pola Economía Social Galega, enmarcada na Rede Eusumo que se celebrará o vindeiro 3 de maio, de 11:00 a 13:00 h. na sede de AGACA en Santiago de Compostela (Rúa Tomiño 22, entreplanta de Santiago de Compostela), e na que están convocadas a participar as entidades da economía social de Galicia.

Este Meeting é de interese para as entidades relacionadas co sector agroalimentario, cos servizos dixitais e cos servizos relacionados coa saúde, xa que nestes ámbitos enmárcanse os retos lanzados na 1ª Edición da Aceleradora de Empresas BUSINESS FACTORY FOOD (BFFood) que neste intre se atopa aberta a convocatoria aos posibles interesados.

No BFFood participan varias empresas tractoras, e dúas son de ámbito cooperativo: o grupo Martín Codax e o grupo CLUN Cooperativas Lácteas Unidas. Presentarán o Clusaga e o proxecto BFFood, o director deste proxecto (D. Javier Álvarez) e un experto do Igape (pendente de concretar).

Prégase confirmación de asistencia: Telf: +34 981 584 783 –hmougan@agaca.coop – Higinio Mougán Bouzón | Director-Xerente  [www.agaca.coop]

Programa: ECONOMÍA SOCIAL MEETING-Clusaga