Dixitaliza: Novo servizo de Nakeep s. coop. galega

 

Nakeep S. Coop. Galega, unha das nosas asociadas, presentan unha nova liña de actividade coa que arrancan na cooperativa: Dixitaliza.es.

Dixitaliza é un servizo de Marketing Dixital e Solucións Web para os negocios. Axúdante a dixitalizar a actividade da empresa coidando de tódolos detalles, dende o deseño da páxina web ata o posicionamento en buscadores.

A cooperativa Nakeep deuse a coñecer no mercado coa marca comercial Fieito. Adícanse á venda en liña de produtos sostibles, naturais e éticos, como roupa, complementos, cosmética ou alimentación, entre outros. Estes produtos podes descubrilos visitando o seu sitio web. Pero ademais, agora suman ao seu proxecto DIXITALIZA para ofrecer servizos a empresas como:

  • Creación de páxinas web: tendas online e web corporativas.
  • Publicidade online: estratexias, campañas en buscadores, campañas en RRSS, Display Ads, e análise de resultados.
  • Optimización web: análise de rendemento e mellora de velocidade de carga.
  • Posicionamento SEO en buscadores.
  • Programación.

Unha mostra dos proxectos creados e que xestionan son ás páxinas en internet de Fieito e Xoguete.

Se estades interesadas en saber máis ou solicitar os seus servizos, estes son os datos de contacto con Nakeep:

Nakeep S. Coop. Galega
+34 604 061 990
nakeep@nakeep.com