Coñece novas cooperativas socias
Presentamos a un novo grupo de cooperativas asociadas a EspazoCoop, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo.
• ATOUPA •
Atoupa | Consultoría social.
Atoupa é unha cooperativa de traballo asociado que se adica á consultoría social.
Buscan, a través da súa actividade, xerar coñecemento sociolóxico que contribúa ao deseño e implementación de políticas transformadoras implicando ao conxunto da sociedade. Traballan en:
- Proxectos de investigación sociais.
- Deseño e avaliación de políticas sociais.
- Desenvolvemento de accións para a formación e a divulgación de coñecemento.
En Atoupa céntranse en seis liñas de acción de gran importancia para a realidade galega: o envellecemento poboacional e os dereitos sociais das persoas maiores, os fluxos migratorios e a promoción da interculturalidade, a procura da igualdade real e efectiva entre xéneros, o traballo de coidados e a súa posta en valor, a precariedade laboral e a dinamización do territorio.
Vilalba (Lugo) | Cooperativa de traballo | Redes sociais: Facebook
• BUENOS MUCHACHOS •
Buenos Muchachos (Cantina Argentina) | Restaurante
Restaurante de produtos típicos arxentinos, principalmente empanadas arxentinas, parrilla e doces. Traballan baixo o nome comercial de «Cantina Argentina» no centro histórico de Vigo.
Vigo (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado | Web: cantinaargentina.es
• AS FILLOTIÑAS •
As Fillotiñas | Escola infantil
Fillotiñas é un proxecto educativo, unha escola que ofrece aos nenos/as un ensino de calidade que respete os seus ritmos, necesidades e características persoais.
As sinais de identidade da Escola son:
– Educación Respectuosa: os nenos/as precisan desenvolverse nun clima de afectividade e cariño, polo que é imprescindible que as persoas que os acompañamos sexamos para eles/as figuras de apego seguro. Para construir este vínculo é importante a presenza, a escoita, o respecto e tamén os momentos de alegría e xogo compartido.
– Aprendizaxe vivencial: é aquel que se dá a través das propias vivencias, da observación, experimentación e o xogo. Neste sentido a disposición do espacio invita ao movemento e á total autonomía, o uso de materiais desestruturados incitan o desenvolvemento da creatividade e as diferentes propostas espertarán máis a curiosidade e motivación por investigar a través dos diferentes sentidos.
– Apertura ao contorno: en relación ás familias, abrindo as portas para que todos/as participen do noso día a día e establecer así unha relación familia-escola fluída que favoreza o proceso de desenvolvemento das crianzas. E en relación á nosa contorna: saíndo á rúa e participando da vida da vila.
Redondela (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado | Web: www.asfillotiñas.com
• CLÍOS SERVIZOS DOCUMENTAIS •
Clíos Servizos Documentais | Servizos documentais
Tratamento e xestión da documentación, a información e o patrimonio cultural: Actividades de arquivos, bibliotecas, museos e outras actividades de tipo cultural e formativas.
Camariñas (A Coruña) | Cooperativa traballo asociado | Web: https://clioscoop.es/
• LENDA EDUCATIVA •
Lenda Educativa | Centro educativo
Lenda é un centro de educación, de desenvolvemento, de formación, de coidados, de bo trato, de ocio e de deporte, tamén un centro residencial de convivencia circular.
O Centro Educativo está sito en Ardaña, no Concello de Carballo. Ten 3 aulas e está nun entorno completamente rural. A filosofía e a ruta pedagóxica céntrase en ofertar o mellor para cada alumna ou alumno. Con pedagoxía activas e empíricas. Con aprendizaxe consciente.
Como Centro de Formación: as liñas de traballo están enfocadas sempre a unha continuidade de formación en comunidade:
– Formación Adaptada de cultivos agrícolas e agroxardiñaría.
– Formación Adaptada de ganadería.
– Formación Adaptada de coidados e atención á persoas en situación de dependecia.
Na área de Desenvolvemento e Vida Adulta: acompañan no día a día a todas aquelas persoas que precisen dun apoios máis significativos, dando resposta ás necesidades e estimulando as capacidades e habilidades, para que sigan formando parte da comunidade e facendo as actividades da vida diaria: deporte, coidados, actividades de convivencia interxeracional, actividades de estimulación cognitiva, ocio, e moito máis.
No ámbito do Ocio e Deporte: considerada como parte imprescindible para a vida de todas as persoas, é unha das grandes liñas de Lenda Educativa, por iso ofertan o deporte como hábito indispensable tanto dentro do plan educativo, como na área de desenvolvemento e formación, e mesmo na idade adulta, respectando á súa filosofía de actividades interxeracionais.
Comunidade Residencial de Vivendas Circulares: A comunidade residencial de vivendas circulares está destinada a todas as persoas que precisen acompañamento ou asistencia nalgún momento da súa vida. Lenda Educativa propón unha convivencia interxeracional, propón que todas as partes activas convivan e compartan.
E por último, o Coidado das Persoas: un coidado dende o bo trato, dende a seguridade que aporta formar parte activa dunha comunidade, das súas actividades e convivencias do día a día.
Carballo (A Coruña) | Cooperativa traballo asociado
• ANCORADOIRO •
Ancoradoiro | Vivenda colaborativa
Ancoradoiro é unha iniciativa cidadá que persigue construír un centro de atención para persoas maiores, no que se poida convivir de forma colaborativa.
Vigo (Pontevedra) | Cooperativa consumo | Web: www.ancoradoiro.org
• PARDIÑAS •
Pardiñas | Tenda
Comercio ao por menor de bebidas, comercio ao por menor por internet, elaboración e venda de café, té e infusións,
elaboración e venda de zumes de froitas e hortalizas.
A Coruña (A Coruña) | Cooperativa traballo asociado
• NAVIA Y DEVA •
Navia y Deva | Tenda de produtos a granel
Comercio polo miúdo de produtos a granel.
Sada (A Coruña) | Cooperativa traballo asociado
• BOAONDA •
Boaonda | Turismo alternativo
Ecoturismo Rexenerativo e Sostible.
Cedeira (A Coruña) | Cooperativa xuvenil
• YARAMA ÁFRICA •
Yarama África | Tenda de produtos africanos, e centro para a diversidade cultural
▪ Venda de produtos africanos e interculturais.
▪ Actividades de promoción e difusión das culturas africanas e afrodescendentes.
▪ Actividades de difusión e recoñecemento da diversidade cultural latente na comunidade.
▪ Actividades de promoción da igualdade de trato e non discriminación por motivo de xénero e/ou orixe.
▪ Actividades de mobilización e acción reivindicativa para recoñecer e combatir prácticas racistas normalizadas.
▪ Intervención socio-comunitaria dirixida principalmente a persoas de orixe migrante, para favorecer a súa participación social en igualdade de condicións e oportunidades.
▪ Actividades de visibilización e loita contra diversas formas de exclusión social derivadas dos proxectos migratorios.
A Coruña (A Coruña) | Cooperativa traballo asociado| Web: https://yaramaafrica.com/
• XESTA BRAVA •
Xesta Brava | Ocio e entretemento
▪ Educación e formación ambiental.
▪ Campamentos e actividades de ocio, tempo libre, cultura e etnografía.
▪ Venda de cactus, plantas e verduras en ecolóxico.
▪ Visitas ao espazo de Xesta Brava.
Ramirás (Ourense) | Cooperativa de traballo asociado | Web: www.xestabrava.com
• MANCHEA •
Manchea | Impresión gráfica
Artes Gráficas: Taller e Formación.
A Coruña | Cooperativa de traballo asociado | Web: manchea.gal
• AZUL MÁIS VERDE •
Azul máis Verde | Actividades culturais
Actividades culturais e artísticas, proxectos a través de procesos participativos.
Produción de infraestruturas e mobiliario.
Carnota (A Coruña) | Cooperativa de traballo asociado | Web: www.azulmaisverde.gal
• XACIAS •
Xacias | Comunicación
Creación de contido adaptado para redes sociais.
• Produción de artigos web SEO, podcasts e newsletters.
• Produción de branded content: entrevistas corporativas, reportaxes.
• Community management corporativo e institucional.
• Asesoría política.
• Servizo fotográfico e creación de contidos audiovisuais.
• Deseño gráfico (identidades visuais, mais tamén creatividades para redes sociais, folletos, cartelería e outros materiais que se precisen).
• Deseño de plans de comunicación e estratexias dixitais.
• Gabinete de prensa e xestión das relacións informativas.
• Obradoiros en podcasting, comunicación política e liderado.
• Xestión e cobertura de eventos corporativos e/ou institucionais.
O Pino (A Coruña) | Cooperativa Xuvenil | Web: www.xacias.com
• ORGANIC FUSION •
Organic Fusion | Tenda produtos do fogar
A Coruña | Cooperativa de traballo asociado
• TAKO GROUP •
Tako Group | Publicidade e mercadotecnia
Unha Axencia de mercadotecnia dixital.
A Coruña | Cooperativa de traballo asociado | Web: https://tako.group