Axenda Sector Cultural na economía social
No marco do Proxecto Laces, AESGAL (Agrupación empresarial de sociedades laborais de Galicia) elaborou o estudo sectorial sobre as Industrias Culturais na economía social.
A Axenda sectorial foi presentada publicamente en Galicia o pasado mes de xuño en Pontevedra, nun acto que ademais reuniu nunha mesa de debate empresas galegas e lusas para tratar as oportunidades de negocio existentes no sector cultural para organizacións de economía social.
Para coñecer os resultados deste estudo podes entrar na Páxina Laces-Economía Social, sección Industrias Culturais e Creativas:
http://negocio.laceseconomiasocial.com/es/sectores/industrias-culturais-e-creativas
Estes son os documentos elaborados:
>> Guía resumo, Axenda do Sector Cultural na Economía Social: aquí
>> Axenda sectorial, para a creación e consolidación de empresas de Economía Social no Sector Cultural: aquí
* A Unión de Cooperativas EspazoCoop fai parte do Proxecto Laces-Economía Social, liderado pola Xunta de Galicia, e no que se integran organizacións galegas e portuguesas para fomentar a creación de emprego e a consolidación de empresas na economía social