Xornada «Novas Economías: é colaboración todo o que o parece?»

O vindeiro luns 28 de outubro en Vigo, a Unión de Cooperativas EspazoCoop, desenvolve unha xornada sobre As Novas Economías.

Trátase de propostas emerxentes que naceron como resposta aos grandes retos sociais e medioambientais, así como as oportunidades que suscitan as novas tecnoloxías e a propia innovación social. Xorden baixo unha manchea de diversas denominacións: Economía do Ben Común, B-Corporations, Economía circular, da funcionalidade, feminista, positiva, procomún, colaborativa, social e solidaria; e diversidade de cores entre os que destacan a economía azul e a verde.

Pero cales son realmente aqueles movementos que teñen un maior carácter transformador da economía?, quen promove estas iniciativas, cal é a súa principal achega e en que sentido contribúe á transformación do modelo socio-económico?.

Nesta xornada nos achegaremos ás novas formas de economía que están a xurdir. Celebrarase na sede da Fundación Érguete Integración, Avenida Martínez Garrido, 21 (Vigo) en horario de 10:00-14:00. A inscrición é GRATUÍTA.

Constará de conferencias marco, charlas, experiencias e casos, debate e intercambio ao redor desta temática. Participarán máis de 10 organizacións que porán luz sobre as novas economías: Foro pola Economía Social Galega, cooperativa Medatlántia, Reas Galicia, Coop57 Galicia, Arçs cooperativa, cooperativa Árbore Consumo Consciente, empresa de inserción Cormo Integral Érguete, centro especial de emprego Galega de Economía Social, plataforma colaborativa Ben Mercado, cooperativa Mulleres Colleiteiras, Fundación Érguete, Sudirección xeral de Economía Social e a Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Pode consultar o Programa neste enlace – Inscrición aquíCartel aquí

Esta xornada realízase no marco da programación da Rede Eusumo 2020, e en colaboración coa Fundación Érguete Integración.

———-

Esta actividade enmárcase na programación 2020 da Rede Eusumo – Xunta de Galicia. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social.