A cooperativa socia Gálica Consultoría e Formación S. Coop. Galega, ubicada en A Coruña, achéganos información en relación ás axudas que van a saír proximamente sobre a Convocatoria Innocámaras, pensan que estas subvencións podería ser de interese entre asociadas a Espazocoop para distintos proxectos, a convocatoria financia o 80-85% en procesos de innovación nas empresas, procesos como:

  • Sistemas de Xestión (Calidade, Medio Ambiente, Prevención de Riscos Laborais, Investigación e Desenvolvementeo (I+D), etc.). Consultoría e Certificación.
  • Tic-Cámaras : Solucións TIC para a empresa.

Para este caso é importante que as cooperativas estén dentro da zona de demarcación da cámara de comercio da Coruña (aproximadamente un radio de 50 km exceptuando zona de Ferrol-As Pontes).

Gálica ofrece servizos relacionados co obxeto deste Programa, en concreto enfatiza na liña Sistemas de Xestión porque forma parte do seu ámbito de traballo. Para a outra liña da convocatoria do Programa Innocámaras están abertas/os a desenvolvela en colaboración con outra cooperativa socia que se adique a este tipo de proxectos.

Para máis información contacta con Gálica, con Victoria Mariño no email galica@galica.org ou no telf. 981 141 188, e fai clic na imaxe.