Volve o Roteiro Cooperativo a Santiago

Volve o Roteiro Cooperativo de 2024, un xeito diferente de achegarse ás cooperativas de Santiago de Compostela, ao cooperativismo e a economía social.

 

 

 

A terceira edición do Roteiro Cooperativo, iniciativa promovida por EspazoCoop en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, volve este ano con 4 edicións no mes de setembro.

A actividade consiste nunha ruta guiada por Santiago de Compostela para visitar e coñecer 4 cooperativas da cidade e achegarse ao cooperativismo e a economía social. A través dela identifícanse cooperativas que están presentes no día a día da cidadanía, ao tempo que se promociona o modelo cooperativo para mostrar proxectos viables, realizando tamén un labor didáctico ao redor do autoemprego colectivo.

Accede ao folleto informativo, neste enlace

O aforo é limitado, as persoas interesadas poder realizar a inscrición previa nesta ligazón, EspazoCoop porase en contacto coas inscritas para informarlles das datas e horarios dispoñibles para participar nas rutas de setembro.

Ao mesmo tempo para recibir máis información pódese contactar no telf. 981 57 55 78 e no correo electrónico mar@espazo.coop (Mar Pernas).

Cooperativas participantes

As cooperativas que se visitarán e que participan no Roteiro Cooperativo son o cinema Númax, o centro de ioga Almazen de Yoga, a tenda de marcas culturais galegas Creativas Galegas e a escola de música Conservatorio Histórico de Santiago.

 

Actividade realizada no marco do Convenino de Colaboración 2024 entre o Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.