A Alianza Cooperativa Internacional, promociona a identidade cooperativa mediante o uso dun dominio propio: .coop. A marca cooperativa mundial xa está sendo utilizada por casi 1.450 cooperativas de 103 países, e aínda está vixente a posibilidade de que os novos rexistros de dominios .coop podan empregarse SEN CUSTO para o primeiro ano.
A través do canal de youtube Domainsdotcoop lanzaron o vídeo «Síntase orgullosa/o da súa identidade cooperativa», no que invitan a empregalo e nos din como facelo: «Comuníquelle aos seus asociados/as, clientela, e a súa comunidade que se sinte orgullosa/o da súa natureza cooperativa, empregando o distintivo ético exclusivo das cooperativas».
O dominico pode solicitarse GRATIS en www.identity.coop. Amais, recentemente actualizaron a Guía do Usuario da Marca incluíndo unha nova sección con suxestións e exemplos sobre como utilizar a Marca como parte da identidade cooperativa de cada un dos seus usuarios.
Fai clic : Guía do Usuario da Marca, versión actualizada
E seguirán destacando boas prácticas nas que outras cooperativas poidan inspirarse no seguinte espazo web :
Fai clic: Vitrina sobre a Identidade Cooperativa
Ademais se queredes que se inclúan imaxes que ilustren o modo no que a vosa cooperativa ou organización está empregando a Marca ou os dominios .coop nas vosas publicacións, produtos, envases, promoción de eventos e redes sociais, podedes facerlles chegar eses exemplos.
Ao usar o dominio .coop sodes automaticamente incluídos nun directorio mundial de tódolos dominios .coop activos en Directory.coop. Co apoio de todos preténdese conquerir que a identidade cooperativa sexa unha das marcas éticas máis recoñecidas en todo o mundo para o ano 2020.
Visualiza o vídeo «Síntase orgulloso/a da súa identidade cooperativa»: