Programa formativo:

«Muller, a Cooperativa é para Ti»

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos o Programa formativo: «Muller, a cooperativa é para ti» que se imparte nos meses de abril e maio de 2024 ofrecendo 3 cursos de teleformación, GRATUÍTOS, impartidos dende a Aula Virtual de EspazoCoop.

A fórmula cooperativa é unha eficaz ferramenta para conseguir a integración e a igualdade no mundo laboral para as mulleres, en condicións dignas e estables, e con amplas posibilidades de desenvolvemento profesional. É un modelo empresarial que promove a igualdade, xa que son empresas de base democrática e participativa, e se constata con estudos e datos que arroxan que máis do 50% dos cadros de persoal das cooperativas de traballo son mulleres e máis do 50% das socias que participan nos órganos de xestión da empresa tamén son mulleres.

Este programa formativo conta co apoio da REDE EUSUMO, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción Económica e Igualdade, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.

Tamén conta co apoio do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través do organismo intermedio CEPES.

O primeiro dos cursos da programación dá inicio o día 8 de abril, estando a inscrición xa aberta. Trátase dun itinerario formativo en modalidade de teleformación, que se pode realizar por completo (adquirindo un total de 75 horas en materia cooperativa), ou ben pódese realizar o curso que se desexe, aínda que o ideal e a recomendación sería realizalos todos pola orde proposta na relación dos cursos.

CURSOS DO PROGRAMA `MULLER, A COOPERATIVA É PARA TI» :

  • Muller, lánzate a emprender en cooperativa | 25 h. | Teleformación | Do 8 ao 24 de abril 2024
  • Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | 25 h. | Teleformación | Do 25 ao 12 de maio 2024
  • Desenvolvendo a idea cooperativa | 25 h. | Teleformación | Do 13 ao 29 de maio 2024

Muller, lánzate a emprender en cooperativa

Teleformación| do 8 ao 24 de abril de 2024 | 25 horas.

A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e á inscrición, facendo clic nos enlaces:

ProgramaCartel >> Inscrición, neste enlace


Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas

Teleformación| do 25 de abril ao 12 de maio de 2024 | 25 horas.

A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e á inscrición, facendo clic nos enlaces:

Programa –  Cartel >> Inscrición, neste enlace


Desenvolvendo a idea cooperativa

Teleformación| do 12 ao 24 de maio de 2024 | 25 horas.

A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e a inscrición, facendo clic nos enlaces:

ProgramaCartel >> Inscrición, neste enlace



 

ESTES CURSOS CONTAN CO APOIO E ENMÁRCANSE NOS PROGRAMAS:

Programa 2023-2024 da REDE EUSUMO, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción Económica e Igualdade, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.

Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través do organismo intermedio CEPES.