Presentación: Resultados +COOP en Galicia
+COOP: Forma cooperativas con EspazoCoop
A Unión de Cooperativas EspazoCoop vén desenvolvendo no período 2023-2024, en colaboración coa Rede Eusumo- Xunta de Galicia, Cepes e o FSE, o programa +COOP, co fin de prestar servizos de apoio á cidadanía para crear empresas cooperativas e acceder con elo ao emprego, mediante a fórmula do autoemprego colectivo.
+COOP desenvolveuse prestando orientación, información, asesoramento, e o acompañamento especializado a colectivos de persoas que quixeron emprender baixo o modelo cooperativo, para facer das súas ideas de negocio e actividades profesionais, proxectos cooperativos viables, económica e societariamente.
Neste contexto o vindeiro luns 8 de xullo ás 10 horas, en «La Moda» Rural Lab en Silleda, terá lugar a Xornada de presentación de Resultados, do período 2023-2024 de +COOP, destinada a:
- Persoas con idea de emprender en colectivo.
- Cooperativas beneficiarias do programa.
- Persoal técnico de servizos de emprego e emprendemento: técnicas/os de emprego, axentes de desenvolvemento local, profesionais de asesorías e xestorías, profesorado de formación profesional, orientadoras/es laborais…
- Grupos promotores e cooperativas de recente constitución non socias.
> Programa da Xornada +COOP: neste enlace
> Cartel
> Inscríbete e participa: neste enlace
Achégate o 8 de xullo!, presentaranse os resultados de +COOP en Galicia, contaremos con representantes institucionais que apoian este programa que nos falarán de axudas ao emprendemento, participarán ademais, contando as súas historias, varias cooperativas beneficiarias do servizo +COOP, haberá debate, intercambio, redes…, e un café final para todas e todos.
Os servizos e os procesos de atención a usurias realizados dende a Unión de Cooperativas, son reflexivos e participados, e pasan por distintas etapas antes da constitución da cooperativa, dependendo do grao de maduración do grupo emprendedor e do proxecto, polo que deseña un itinerario personalizado, a medida das necesidades.
Sendo EspazoCooop unha entidade de referencia en Galicia na promoción das cooperativas, e un dos puntos fundamentais aos que acodir para coñecer como poñer en marcha unha empresa deste tipo, o persoal técnico dá o soporte axeitado nas primeiras etapas de vida, axuda a constituíla, a consolidarse, e facilita a opción de formar parte dun grupo amplo de cooperativas coas que poder colaborar e xerar negocio, asociándose á Unión, que ademais, defenderá os seus intereses como entidade representativa que é do cooperativismo galego.
As singularidades das cooperativas como empresas de participación e xestión democrática requiren de apoios que sexan verdadeiramente coñecedores desta fórmula empresarial para darlle as claves oportunas ás persoas dos grupos de emprendemento.
—
Nova relacionada: