Novas Cooperativas Socias

Queremos presentarvos a un grupo de 10 novas cooperativas que veñen de incorporarse como socias á Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Para dalas a coñecer publicamente e entre as demais socias, presentámolas brevemente e reseñamos os seus espazos na rede.

 

 

 

KIBUTZ

KIBUTZ impulsan iniciativas propias, ou en colaboración con entidades afíns, que axuden a mellorar a sociedade.
Levan a cabo desde programas de formación ou sensibilización ata diferentes proxectos basados nestes 3 beneficios:
1) Mellorar a relación entre persoas.
A través de:
– Cesión de Uso de espazos
– Cohousing
– Vivendas compartidas

2) Mellorar a relación con nós mesmos-as.
A través de:
– Alimentación
– Formas de vida saudable
– Educación Creativa

3) Mejorar la relación con nuestro entorno.
A través de :
– Bioconstrucción
– Enerxías Verdes
– Reciclaxe
– Hortas colectivas

Kibutz é unha cooperativa de traballo asociado ubicada en Arteixo (A Coruña).
https://www.kibutz.es

 

MIL RAMAS

MIL RAMAS é un espazo para o xogo, os obradoiros, as charlas e outras actividades que permitan enriquecerse e tecer redes.

Actividades de conciliación laboral e crianza, orientación familiar, e mediación sociocultural.
Actividades auxiliares á educación, non docentes, de apoio a procesos educativos.
Actividades de ocio e tempo libre.
Actividades socioculturais para infancia e familia.
Actividades relacionadas con belas artes, teatro, música, expresións artísticas e corporais.
Actividades de creación con barro, madeira, e materiais de refugallo ou outros, relacionados co medio ambiente, a ecoloxía, cooperación e sostenibilidade.
Obradoiros de imaxe e comunicación visual.

Mil Ramas é unha cooperativa de traballo asociado ubicada en Mañufe – Gondomar (Pontevedra).
https://www.facebook.com/milramas/

 

O BESBELLO

O BESBELLO adícase á:
Hostalaría e a restauración.
Organización de actividades musicais, de ocio e lecer, gastronómicas e culturais.

O Besbello é unha cooperativa de traballo asociado ubicada en Teo (A Coruña).

 

A FACTORÍA ATELIER

En A FACTORÍA ATELIER adícanse á restauración, recuperación e transformación de mobiliario, así como á creación artesanal de obxectos de decoración e complementos a partir de materiais recuperados ou en desuso.
Recuperan mobles e outras materias primas para imprimirlles nova vida no seu obradoiro, e crear así pezas de decoración únicas. Creen na beleza do imperfecto e na decoración que conta historias. Pretenden ofrecer opcións de consumo máis sostibles nos ámbitos da decoración e os complementos e promoven a reutilización fronte ao consumo indiscriminado de recursos.
Selecionan a súa materia prima en función da súa calidade e durabilidade, utilizan materiais naturais e/ou recuperados e preferin sempre acabados naturais para as súas pezas.

Contan cun obradoiro e showroom en O Grove.

Podes atopalos tamén en redes como @afactoriaatelier ou adquirir os seus productos a través da web www.afactoriaatelier.com da súa tenda online.

A Factoría Atelier é unha cooperativa de traballo asociado ubicada en O Grove (Pontevedra)
https://www.facebook.com/afactoriaatelier

AVENTEIRA

AVENTEIRA adícase á educación no tempo libre. Desenvolven Campamentos e Excursións, fan Dinamización, ofrecen un Lecer Alternativo, Formación e desenvolven distintos Proxectos neste campo.

– Cooperativa | Son un equipo multidisciplinar de persoas comprometidas e con moita experiencia no sector. Creen na creación colectiva, no diálogo e nos consensos, e a súa opción é poñer ás persoas por diante.
– Educación | Para Aventeira, o lecer e o tempo libre representan a contorna perfecta para a educación en valores, a convivencia e o crecemento persoal e colectivo. Buscan construír un mundo mellor a través das súas actividades.
– Lecer | Queren achegar alternativas de ocio de calidade a tódalas persoas. Campamentos, excursións, xogos e actividades de todo tipo, para aproveitar ao máximo o tempo libre de pequenas/os e maiores.

Aventeira é unha cooperativa de traballo ubicada en Fene (A Coruña).
https://www.aventeira.com

 

METRÓPOLIS DIXITAL

METRÓPOLIS DIXITAL realiza actividades nestes campos:

– Publicidade: Asesoramento, servizos creativos, produción e compra de material publicitario.
– Vídeo: Actividades cinematográficas, de vídeo e de programas de televisión. As actividades de post-producción como a edición, a transferencia de películas, a adición de texto, os subtítulos, os créditos, os subtítulos ocultos, os gráficos xerados por ordenador e a animación e os efectos especiais dixitais.
– Fotografía: A produción de fotografías comerciais e profesionais, a fotografía para anuncios, editoriais, actividades relacionadas coa moda e para anuncios inmobiliarios ou turísticos. A fotografía aérea, a grabación en vídeo de acontecimientos como bodas, reunións, etc. A copia e restauración ou retoque de fotografías, e as atividades dos reporteros gráficos, o escaneado de obxetos en 3D.
– Informática: Portais de búsqueda web, o proceso de datos e hosting, así como outras atividades que teñen o principal fin de ofrecer información.
– Deseño: Deseño industrial, é decir, a creación e o desenrolo de deseños e especificacións que optimizan o uso, o valor e a apariencia dos produtos.

Metrópolis Dixital é unha cooperativa de traballo asociado ubicada en Vigo.

ABEIRO DE REHABILITACIÓN

ABEIRO DE REHABILITACIÓN adícanse a:

Xestión de obras de construcción, rehabilitación e reformas
Actividades de carácter inmobiliario
Comercialización de produtos e materias primas para construcción
Servizos de asesoramento e xestión na compra-venda e aluguer de bens inmobles
Administración de comunidades de propietarias e propietarios
Proxectos e dirección de obras de enxeñería e arquitectura
Xestión fiscal, laboral e administrativa
Formación de profesionais do sector

Abeiro de Rehabilitación é unha cooperativa de traballo ubicada en Arzúa (A Coruña)

 

NAKEEP

NAKEEP é un proxecto social e eco-responsable que nace coa vocación de apoiar o desenvolvemento dun mercado ético e colaborativo que promova bens de impacto positivo na sociedade. Traballan a través da marca comercial de Fieito.
A cooperativa adícase á comercialización de produto a través de internet, ofrecendo unha selección de produto ético, sostible e natural. Queren axudar a que se realice compra consciente e responsable, a través da súa actividade.

Nakeep é unha cooperativa de traballo asociado ubicada en Cerceda (A Coruña)
https://www.fieito.com

 

SATEGA

SATEGA adícase á venda e servizos técnicos de electrodomésticos.

Satega é unha cooperativa de traballo ubicada na Coruña.
https://www.instagram.com/satega.servicio.tecnico/

ALCRIQUE

ALCRIQUE S. Coop. Xuvenil Galega, realizan as seguintes actividades:

Produción agrícola e gandeira, incluíndo a produción orgánica, en superficies a ceo aberto ou en invernadoiro.
Comercialización de produtos hortofroitícolas, confituras e herbas aromáticas para infusionar.
Asesoramento e consultoría técnica.

Cooperativa de traballo asociado ubicada en Tomeza (Pontevedra).

http://alcriquedaterra.com

 

>> Lembra que podes coñecer máis cooperativas socias, coas que intercooperar ou colaborar, no DIRECTORIO DE COOPERATIVAS da web de EspazoCoop.