Espazocoop asocia a 206 cooperativas e a 2.464 cooperativistas (Maio 2019), que se sitúan dentro dunha cultura de traballo basada en valores, nunha xestión democrática, e nas persoas. Conta ademais, con 2 sectoriais, a Sectorial de Cooperativas de Ensino e a Sectorial de Cooperativas do ámbito Cultural, e ten abertas 3 oficinas: en A Coruña, Santiago e Vigo.

A Memoria da xestión social 2018 dá conta do traballo desenvolvido en 2018 e da xestión económica, destacando áreas de actuación como:

1| A difusión e promoción do cooperativismo: con máis de 852 beneficiarias, 25 entidades colaboradoras e 35 intervencións.

2| A creación e consolidación de cooperativas: con 48 proxectos pre-cooperativos atendidos, 21 cooperativas constituídas e 178 beneficiarias.

En canto á consolidación de cooperativas en funcionamento, destacan por un lado, as actividades de intercooperación entre organizacións que buscan colaboracións, alianzas e xerar negocio; e por outro lado, o asesoramento, a formación e o acompañamento ás cooperativas, a través de distintos programas que procuran o crecemento e desenvolvemento empresarial (Meetings de Economía Social, Bolsas de Xerencia, Aceleradora de Proxectos, Servizo de Finanzas Éticas, Servizo de Orientación e Apoio na Xestión, ou Formación).

3| Representatividade e influencia política: as relacións institucionais, con axentes sociais, redes e colaboradoras, destacaron por traballar as demandas da base social e do sector cooperativo, e representar a socias e ao cooperativismo en xeral, a Estratexia pola Economía Social Galega e a presentación da creación do Foro pola Economía Social Galega son algúns dos fitos en 2018.

4| Comunicación: continúa implementando medidas dos plans establecidos, e continúa con presenza continuada en distintas canles.

DESCARGA: MEMORIA SOCIAL 2018