Xornada Consolida+

Somos cooperativas consolidadas?

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop vén desenvolvendo no período 2023-2024, en colaboración coa Rede Eusumo e a Xunta de Galicia, o programa Consolida+ Consolidando ás cooperativas, co obxectivo principal de prestar servizos de asesoramento e acompañamento a cooperativas en funcionamento, en distintos ámbitos e áreas do seu interese para a mellora e consolidación empresarial.

O asesoramento prestado por Consolida+ pode ir dende a diagnose inicial e a análise dalgunha área da empresa como a comercial, organizativa, económica e financeira, ata a planificación para implementar medidas que beneficien á cooperativa e contribúan a súa evolución.

O venres 27 de setembro ás 10 horas, en Vigo, terá lugar a Xornada do Programa Consolida+ edición 2023-2024, na sede da cooperativa A Morada, na rúa Enrique X. Macías 6.

Na sesión presentaranse o servizo Consolida+ e os resultados desta edición, daranse a coñecer boas prácticas de cooperativas consolidadas, informarase sobre liñas de apoio e axudas á consolidación, e se facilitará a xeración de redes, para a colaboración e intercooperación entre as cooperativas e o resto de público participante.

Contaremos coa asistencia da Subdirectora Xeral de Economía Social, Farrah Lisa Meghazi e o Director Territorial de Pontevedra, José Antonio Rodríguez Fachado.

A xornada Consolida+ está destinada a cooperativas socias de EspazoCoop, e outras cooperativas non socias, a persoal técnico e profesionais de servizos de asesoramento e xestión de empresas, e de servizos de fomento do emprendemento, públicos e privados, interesados en coñecer boas prácticas e os servizos do programa Consolida+. Tamén pode ser de interese para outros públicos e entidades interesadas.

Programa e inscrición

Máis información sobre o Programa Consolida+ 2023-2024: