Xestión Contable e Fiscal en Cooperativas
Dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop damos continuidade ao Programa de Formación Especializada na Área Xerencial destinado prioritariamente para cooperativas socias, e orientado tamén a outras cooperativas e organizacións de economía social.
Este Programa trátase dunha formación modular orientada a persoas con responsabilidades directivas e xerenciais, en temáticas de xestión empresarial, liderado ou innovación entre outras máis.
Para o mes de Setembro de 2020 temos previsto impartir 2 edicións dun módulo temático sobre a xestión contable e fiscal en empresas cooperativas, de 15 horas de duración, en modalidade teleformación, nas seguintes datas:
XESTIÓN CONTABLE E FISCAL EN COOPERATIVAS
Edición 1 | Do 15 ao 30 de setembro de 2020.
Sesións virtuais de aprendizaxe: 15, 21, 23 e 30 de setembro.
Horario das sesións virtuais: 10:30 horas (1ª sesión 90′; 2ª sesión 2 horas; 3ª sesión 60′; 4ª sesión 2 horas).
XESTIÓN CONTABLE E FISCAL EN COOPERATIVAS
Edición 2 | Do 22 de setembro ao 8 de outubro de 2020.
Sesións virtuais de aprendizaxe: 22, 29 de setembro 01, 08 de outubro.
Horario das sesións virtuais: 10:30 horas (1ª sesión 90′; 2ª sesión 2 horas; 3ª sesión 60′; 4ª sesión 2 horas).
Imparte
Persoal técnico da Unión de Cooperativas EspazoCoop, con experiencia contrastada na área contable e fiscal en cooperativas.
Obxetivos
– Atender as necesidades formativas específicas de mellora na xestión empresarial e capacitación para a dirección e xerencia das cooperativas participantes.
– Mellorar a situación dos procedementos e sistemas de dirección empresarial das cooperativas participantes, mediante operativas adaptadas ao modelo.
– Divulgar de forma práctica as cooperativas participantes, boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora dos seus procedementos de xestión e sistemas de dirección .
– Potenciar o coñecemento mutuo e o intercambio de experiencias das cooperativas participantes que permitan establecer alianzas futuras.
Programa
Contabilidade cooperativa:
- Capital social.
- Resultados cooperativos e extracooperativos: casos.
- Contabilización separada, supostos.
- Resultado de explotación.
Fiscalidade cooperativa:
- Perda da especial protección. Factores a ter en conta.
- Bonificacións fiscais aplicadas na tributación cooperativa.
- Liquidación imposto de sociedades. Particularidades.
Inscrición
Metodoloxía
- Desenvólvese na Aula Virtual da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
- Habilitarase un sistema de titorización a distancia.
- Secuencial, seguindo os contidos, exercicios, tarefas e demais propostas dos módulos deste curso.
- Práctica.
- Amais dos contidos que se porán ao dispor do alumnado na plataforma, realizaranse 4 sesións virtuais de aprendizaxe ao longo de cada curso:
– Sesión Virtual 1: (90′) ten como obxectivo presentar o curso e o grupo, coñecer o funcionamento da plataforma e presentar o tema da contabilidade e o estudo de caso a desenvolver durante a primeira parte do curso.
– Sesión Virtual 2: (2 horas) ten como obxectivo poñer en común o desenvolvemento dos casos e resolver as dúbidas xurdidas entorno ao tema da contabilidade cooperativa.
– Sesión Virtual 3: (60′) será para presentar a parte de fiscalidade e presentar o contido do caso co que se vai traballar.
– Sesión Virtual 4: (2 horas) ten como obxectivo poñer en común o desenvolvemento dos casos e resolver as dúbidas xurdidas entorno ao tema da fiscalidade cooperativa.
Para quen?
Preferentemente para cooperativas asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop: socias/os e asalariadas/os que estén en áreas de dirección, consellos reitores, ou postos relacionados coa temática desta acción formativa. Tamén, para outras cooperativas e organizacións de economía social, Persoal técnico e de asesorías, Alumnado universitario e de formación profesional, ou Público interesado en xeral.
As prazas son limitadas.
Cotas de inscrición
- Cooperativas socias: 25 €
- Cooperativas non socias e entidades pertencentes a organizacións do Foro pola Economía Social Galega e REAS Galicia: 50 €
- Persoas interesadas non pertencentes a entidades anteriormente mencionadas: 100 €
[ Proceso de matriculación ]
1| Inscríbete no formulario neste enlace
A partir do 10 de Setembro de 2020 informarémoste se estás ou non admitido/a ao curso, despois de facer a selección.
No caso que te informemos que estás admitida/o entón:
2| Efectúa o pago da cota que te corresponda (no nº de conta indicada no formulario)
3| Envíanos o xustificante de pago a: patane@espazo.coop para confirmarte a praza.
Xa estarás matriculada/o no curso de EspazoCoop «Xestión Contable e Fiscal en Cooperativas».
Máis información e consultas: 881 887 456 – patane@espazo.coop
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2020 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.