ESPAZOCOOP mantén aberta a campaña de avais mancomunados para solicitar financiamento a COOP57

[ outra forma de financiar ]

A Unión de Cooperativas Espazocoop lanza unha subscrición social de avais mancomunados, poñendo en práctica un modelo de financiamento alternativo, de maior implicación social para apoiar proxectos da economía social. Entre os requisitos para poder ter acceso ao financiamento de Coop57, está a subscrición de avais mancomunados por un importe igual ao que se solicita.

Para que a campaña de avais sexa exitosa precisamos amosar que a economía social e solidaria é unha rede colaborativa e que actúa como tal, por iso pedímosvos o voso apoio para subscribir avais e tamén para facer difusión da campaña, extendendoa a todas as vosas redes e persoas vinculadas a elas.

 

[ Características ]

[ Préstamo a avalar ]

Unha póliza de crédito  Importe: 40.000,00 euros Prazo: 1 ano
Finalidade: Financiar o programa de actividades e os gastos normais de funcionamento de Espazocoop 2017-2018

[ Avais mancomunados ]

Importe de subscrición: avais entre 300,00 e 5.000,00 € (por avalista)

Período de subscrición: 12 meses

[ Que son os avais mancomunados ]

A garantía que Coop57 solicita para a concesión do préstamo

Un compromiso con Espazocoop que NON supón desembolso de diñeiro

A súa natureza mancomunada supón que o importe total do préstamo divídese de forma proporcional entre todas as avalistas.

Son persoais e non patrimoniais

[ Prazo para comunicarnos a vontade de subscrición ]

Xoves 31 de agosto 2017

[ Coordinación e xestión ]

Unión de Cooperativas Espazocoop

 

[ A Unión de Cooperativas Espazocoop ]

A Unión de Cooperativas Espazocoop somos unha asociación de cooperativas que traballamos para promover e consolidar o cooperativismo en Galicia, como unha das formas de organización económica e social máis avanzadas, xustas, democráticas e solidarias que existen.

Somos unha entidade solvente, a información económica e social de Espazocoop podes atopala e consultala na sección Transparencia da nosa web (aquí). Nestes momentos temos concedidas distintas axudas públicas para realizar a nosa actividade, os prazos de cobro previstos de ditas axudas lévanos a solicitar financiamento a Coop57 para cubir as necesidades da Unión.

Un dos puntos clave desta campaña é que a Unión pode financiarse de forma parcial nun sistema de finanzas éticas, distinto do convencional.

Máis información:
– FAQs para avalistas aquí
– Información económica e social de Espazocoop na sección Transparencia da nosa web aquí
– Aval mancomunado Coop57 aquí

[ Precisamos novas formas de financiamento para unha nova economía ]
[ Como podes comunicarnos a subscrición de avais mancomunados? ]

Por web : A través do formulario de subscrición en liña aquí
Por correo postal : Rúa Taboada Leal 15, entreplanta. 36203. Vigo
Por teléfono : 986 866 149
Por email : ramon@espazo.coop

[ Como se formaliza o aval? ]

Paso 1 : Comunicar a Espazocoop a vontade de subscribir un aval, ata o xoves 31 de agosto de 2017.
Paso 2 : Despois do prazo indicado, solicitaremos a cada avalista o documento de compromiso de aval (cumprimentado e asinado, xunto do Dni ou CIF), en formato dixital.
Paso 3 : Enviar por correo postal o documento de compromiso de aval orixinal a: Unión de Cooperativas Espazocoop (rúa Taboada Leal 15, entreplanta, Vigo), antes do 9 de setembro de 2017.

Grazas polo voso apoio e compromiso!