[Ecosistema emprendedor na economía social]

Concello de Santiago de Compostela

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello de Santiago de Compostela colaboran xuntas a través do programa `Impulsando un ecosistema emprendedor na economía social´que se celebra durante os meses de outubro e novembro deste ano 2021.

O programa propón actividades que permiten crear un sistema favorecedor e facilitador do emprendemento cooperativo e de economía social entre persoas, profesionais e colectivos da área de Compostela, conformado por 4 cursos online, 100 horas de formación, que axuden a xeralo.

Finalidade e obxectivos do programa:

  • Impulsar un ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social na contorna de Santiago de Compostela.
  • Achegar ás persoas prescriptoras de emprego e emprendemento, das diferentes entidades e organizacións, as especificidades, características e vantaxes do emprendemento cooperativo e a economía social.
  • Visibilizar e divulgar entre a poboación en xeral os modelos de empresas de Economía Social e o das cooperativas en particular como fórmula de creación de emprego estable e de calidade, fixación da poboación, acceso das mulleres a postos de responsabilidade e limitación da fenda salarial, recuperación de empresas en crise, etc.
  • Dar a coñecer a persoas en proceso de busca de emprego, persoas interesadas en incorporarse ao mercado de traballo a través do emprendemento colectivo, grupos promotores de cooperativas, profesionais autónomos interesados en compartir servizos, recursos, investimentos, etc. o modelo de emprendemento cooperativo.

O Plan de traballo contempla e aposta por dúas liñas:

1| Por unha banda acción de capacitación dirixida ás persoas e profesionais prescritores de emprego e emprendemento, como axentes de difusión e creación de empresas entre as usuarias dos seus servizos.

2| Por outra banda, accións formativas dirixidas ás persoas interesadas en coñecer ou poñer en marcha proxectos de emprendemento cooperativo e de economía social para formalas e darlles a coñecer a opción de constituír unha cooperativa.

FOLLETO INFORMATIVO, neste enlace



[ Capacitación prescritoras de emprego ]

Esta liña ofrece un curso de tele-formación a persoas relacionadas profesionalmente coa creación de empresas e o emprendemento.

>> Curso de tele-formación

Impulsando un ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social

| 40 h. | Do 4 ao 30 de outubro de 2021.

>> Destinatarias

Axentes e técnicas de emprego; Axentes de desenvolvemento local e promoción económica; Persoal de asesorías, xestorías e consultorías; Persoal técnico de proxectos de emprendemento;  Outras profesionais e público vinculado co apoio, recomendación e prescrición de fórmulas empresariais.

>> Obxectivos
– Dar a coñecer a cooperativa ás persoas dinamizadoras de emprego e emprendemento, como ferramenta de creación de emprego inclusivo, estable e de calidade, de dinamización do tecido sociocomunitario e de fomento do equilibrio e da sustentabilidade territorial.

Incorporar a empresa cooperativa en procesos de prescrición e recomendación, divulgativos, formativos, de acompañamento, de elaboración de normativa e axudas para a creación de novos proxectos de autoemprego.

>> Temario `Impulsando un ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social´
Módulo 1.-
Análise de necesidades para o desenvolvemento dun ecosistema emprendedor no cooperativismo.
Módulo 2.-
Coñecendo as cooperativas: características diferenciadoras.
Módulo 3.-
Cooperativas e acceso ao financiamento privado e público.

Módulo 4.- Proceso de constitución e maduración dun proxecto cooperativo.

Módulo 5.-Cando recomendar a cooperativa. Casos prácticos.

>> Metodoloxía
Aula Virtual: o curso desenvolverase na modalidade de tele-formación, na plataforma da Unión de Cooperativas Espazocoop www.aulaespazocoop.com

| Programa | Inscrición |

 



[ Formación cidadanía ]

A liña de formación á cidadanía ofrece un itinerario de tres cursos de tele-formación, destinados a calquera interesada:

Habilidades para o traballo en cooperativa

| 20 h. | Do 11 ao 24 de outubro 2021

| Programa  | Inscrición |


Emprendendo en cooperativa

| 20 h. | Do 27 de outubro ao 10 de novembro 2021

| Programa  | Inscrición |


Desenvolvendo a idea cooperativa

| 20 h. | Do 15 ao 29 de novembro 2021

| Programa  | Inscrición |


>> Obxectivos do Itinerario
Divulgar entre a cidadanía os modelos de empresas cooperativas e da economía social como vías de creación de autoemprego baseados na xestión democrática e participativa.

>> Temario do curso `Habilidades para o traballo en cooperativa´
Módulo 1.-
Achegándonos ao xeito de traballar nunha cooperativa. Habilidades persoais e sociais.
Módulo 2.-
A comunicación.
Módulo 3.-
O traballo en equipo.
Módulo 4.-
A toma de decisións.

>> Temario do curso `Emprendendo en cooperativa´
Módulo 1.-
O emprendemento cooperativo.
Módulo 2.-
Características das empresas cooperativas.
Módulo 3.-
A organización cooperativa.
Módulo 4.-
Pasos para a constitución da cooperativa. Presentación dunha experiencia cooperativa.

>> Temario do curso `Desenvolvendo a idea cooperativa´
Módulo 1.-
Identifica o teu proxecto cooperativo.
Módulo 2.-
Analiza as áreas comercial e de mercado.
Módulo 3.-
Estuda a viabilidade económica e financeira.
Módulo 4.-
Planifica a área organizativa e os trámites de constitución.

>> Metodoloxía
Aula Virtual: o curso desenvolverase na modalidade de tele-formación, na plataforma da Unión de Cooperativas Espazocoop www.aulaespazocoop.com.

| Programa do Itinerario Formativo | Inscricións aos cursos