«Somos a Saída, Ensina o Corazón» | Auditoría Social 2020

 

Segue aberta e a ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR na campaña «SOMOS A SAÍDA: ENSINA O CORAZÓN» 2020, campaña de recollida de datos da AUDITORÍA SOCIAL, dirixida a todas as entidades e empresas que avaliamos os nosos resultados segundo os principios da economía solidaria. Lembrade que non é obrigatorio ser socia de REAS para facela, pode realizala calquera entidade interesada.

Que interese ten para unha entidade facer a Auditoría Social?

  • Permite realizar auto-avaliación e traballar para a mellora continua do funcionamento interno.
  • Axuda a comunicar mellor os valores á súa comunidade.
  • Fai visible REAS e a Economía Solidaria.
  • Permite que as administracións e a ciudadanía a recoñezan como entidade da ESS.

Que novidades hai este ano?

  • Marcámonos como obxectivo principal que a Auditoría Social sexa unha ferramenta en favor dunha resposta da ESS e para a ESS á crise que estamos vivindo. E, por iso, faremos as preguntas habituais sobre o exercicio anterior, de 2019, pero tamén queremos coñecer a situación das organizacións a raíz da crise desatada a partir da COVID19.

En consecuencia, a campaña deste ano é lixeiramente diferente da habitual e constará de dúas fases:

  • Fase 1 – a partir do 27 de abril: preguntas referentes ao exercicio 2019
  • Fase 2 – a partir do 1 de xullo: preguntas referentes ao contexto de crise derivado da COVID19

Podedes acceder á plataforma Ensina o Corazón:

Antes de comezar:

É moi recomendable que botedes unha ollada á actualización para 2020 do TITORIAL DE NAVEGACIÓN e da GUÍA DE PREGUNTAS do aplicativo a fin de facilitar a súa enchedura e repartir tarefas entre as persoas da vosa organización que teñan a información que se pregunta.

Como comezar:

  1. Entrade na plataforma ensinaocorazon.org
  2. Se xa participastes outros anos, agora o nome de usuario non é o NIF senón o correo electrónico do rexistro. O contrasinal é o mesmo; se non o lembrades solicitade «recuperar contrasinal». Se non lembrades o enderezo de correo, contactade connosco en ensenaelcorazon@reasnet.com e lembrarémoscho.
  3. Se é a primeira vez, premede o botón REXÍSTRATE, enchede a ficha e esperade a que aceptemos a solicitude. Habedes recibir un correo de confirmación.

Unha vez que terminedes de responder e se validen os datos, non tedes que esperar a que remate a campaña para dispor de dúas ferramentas:

  • O informe de datos da vosa auditoría social.
  • Unha infografía para poder socializar a vosa auditoría social.

O prazo máximo da campaña de recollida de datos remata o 31 DE XULLO.

Para calquera dúbida, podedes escribir a ensenaelcorazon@reasnet.com

Campaña na Web de Reas :

https://www.economiasolidaria.org/balance-social-2020

—-

Datos da Campaña do pasado ano 2019:

Infografía Auditoría Social Estatal 2019 REAS

Infografía Equidade de Xénero 2019 REAS