«Somos a Saída, Ensina o Corazón» | Auditoría Social 2020
Segue aberta e a ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR na campaña «SOMOS A SAÍDA: ENSINA O CORAZÓN» 2020, campaña de recollida de datos da AUDITORÍA SOCIAL, dirixida a todas as entidades e empresas que avaliamos os nosos resultados segundo os principios da economía solidaria. Lembrade que non é obrigatorio ser socia de REAS para facela, pode realizala calquera entidade interesada.
Que interese ten para unha entidade facer a Auditoría Social?
- Permite realizar auto-avaliación e traballar para a mellora continua do funcionamento interno.
- Axuda a comunicar mellor os valores á súa comunidade.
- Fai visible REAS e a Economía Solidaria.
- Permite que as administracións e a ciudadanía a recoñezan como entidade da ESS.
Que novidades hai este ano?
- Marcámonos como obxectivo principal que a Auditoría Social sexa unha ferramenta en favor dunha resposta da ESS e para a ESS á crise que estamos vivindo. E, por iso, faremos as preguntas habituais sobre o exercicio anterior, de 2019, pero tamén queremos coñecer a situación das organizacións a raíz da crise desatada a partir da COVID19.
En consecuencia, a campaña deste ano é lixeiramente diferente da habitual e constará de dúas fases:
- Fase 1 – a partir do 27 de abril: preguntas referentes ao exercicio 2019
- Fase 2 – a partir do 1 de xullo: preguntas referentes ao contexto de crise derivado da COVID19
Podedes acceder á plataforma Ensina o Corazón:
- GALEGO https://ensinaocorazon.org
- CASTELÁN https://ensenaelcorazon.org
Antes de comezar:
É moi recomendable que botedes unha ollada á actualización para 2020 do TITORIAL DE NAVEGACIÓN e da GUÍA DE PREGUNTAS do aplicativo a fin de facilitar a súa enchedura e repartir tarefas entre as persoas da vosa organización que teñan a información que se pregunta.
- TITORIAL DE NAVEGACIÓN da plataforma.
- GUÍA DE PREGUNTAS E EXPLICACIÓN de como responder a cada unha delas (nesta ligazón tedes o documento en castelán, nos próximos días estará dispoñible en galego neste cartafol).
Como comezar:
- Entrade na plataforma ensinaocorazon.org
- Se xa participastes outros anos, agora o nome de usuario non é o NIF senón o correo electrónico do rexistro. O contrasinal é o mesmo; se non o lembrades solicitade «recuperar contrasinal». Se non lembrades o enderezo de correo, contactade connosco en ensenaelcorazon@reasnet.com e lembrarémoscho.
- Se é a primeira vez, premede o botón REXÍSTRATE, enchede a ficha e esperade a que aceptemos a solicitude. Habedes recibir un correo de confirmación.
Unha vez que terminedes de responder e se validen os datos, non tedes que esperar a que remate a campaña para dispor de dúas ferramentas:
- O informe de datos da vosa auditoría social.
- Unha infografía para poder socializar a vosa auditoría social.
O prazo máximo da campaña de recollida de datos remata o 31 DE XULLO.
Para calquera dúbida, podedes escribir a ensenaelcorazon@reasnet.com
Campaña na Web de Reas :
https://www.economiasolidaria.org/balance-social-2020
—-
Datos da Campaña do pasado ano 2019:
Infografía Auditoría Social Estatal 2019 REAS
Infografía Equidade de Xénero 2019 REAS