Asemblea Xeral Extraordinaria | Venres 10 xaneiro 2020
1ª convocatoria 16.00 h.  | 2ª convocatoria 16.30 h.

Na Cidade da Cultura, Monte Gaiás, Santiago de Compostela
Biblioteca e Arquivo de Galicia, Sala 1.

Sesión participativa co obxetivo de incorporar a visión e as propostas das Cooperativas Socias na definición do PLAN DE TRABALLO 2020 da Unión.

A Unión de Cooperativas Espazo​Coop  celebra unha asemblea xeral extraordinaria na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o venres 10 de xaneiro para identificar accións e actividades de interese de cara á Planificación do ano 2020.

 

CONVOCATORIA: As Cooperativas Socias poden consultar a Convocatoria da Asemblea neste enlace.

APORTACIÓNS e CONFIRMAR ASISTENCIA: Se premes no seguinte enlace poderás:

  • Realizar achegas ou aportacións á Planificación 2020 da Unión
  • Confirmar a túa asistencia á Asemblea de Socias o 10/01/2020

 

*Os Documentos de Traballo para esta sesión estarán proximamente a disposición das asociadas neste enlace introducindo a contrasinal habitual.