Apúntate a emprender en cooperativa, actividades con la Deputación da Coruña
A Unión de Cooperativas EspazoCoop e a Deputación Provincial da Coruña están colaborando no marco do convenio asinado este ano para realizar un ITINERARIO DE EMPRENDEMENTO COOPERATIVO destinado á cidadanía da provincia coruñesa.
O Itinerario está conformado por tres actividades e servizos que apoian o modelo empresarial cooperativo no ámbito territorial da provincia da Coruña: unha xornada de difusión, un servizo de asesoramento e acompañamento a proxectos cooperativos e un curso sobre cooperativas online. A través deste programa preténdese ademais, detectar oportunidades para a actividade económica dende a vía cooperativa.
Folleto do Itinerario de emprendemento cooperativo, neste enlace
Servizo de asesoramento | Acompañamento a persoas con proxectos pre-cooperativos
O Servizo permite dotar aos grupos de emprendemento cooperativo, de servizos de orientación, asesoramento e acompañamento especializado, para a análise dunha idea de negocio e apoio na maduración do proxecto empresarial.
De que trata este Servizo? de definir a idea axudando no proceso reflexivo, para que permita ao grupo promotor analizar a viabilidade económica e organizativa da súa iniciativa, elaborar un plan de empresa, e tramitar a constitución da cooperativa.
No proceso de acompañamento e para o Plan de Empresa abórdanse contidos como: presentación do proxecto, área comercial e mercado, produción, organización, ou a área económica e financeira, entre outras.
O Servizo dá soporte a iniciativas tamén no ámbito rural ou periurbano da provincia da Coruña, que teñen máis difícil o acceso a programas personalizados de apoio, podendo ser prestados de forma telemática ou presencial, seguindo un plan de traballo a medida.
A prestación dos servizos conta con aplicacións dixitais propias e especializadas, como Consolida ES , e con orientación sobre instrumentos financeiros éticos e de base cooperativa, como Fiare Banca Ética e Coop57 Servizos Financeiros Éticos e Solidarios, entre outros recursos útiles para emprender como empresas cooperativas.
O Servizo está aberto durante todo o ano 2022 e se realiza de xeito gratuíto para as usuarias (persoas con ideas de negocio e pre-cooperativas da provincia da Coruña).
> Pide cita previa de atención, e demanda este Servizo de Acompañamento e Asesoramento no 981 57 55 78 ou no correo info@espazo.coop
Teleformación | Curso: Dinamización do emprendemento en cooperativa
Este curso en modalidade de teleformación está prevista que se realice do 22 de novembro ao 15 de decembro, e ten unha duración de 20 horas.
Destinado a persoas en proceso de acceder ao mundo laboral a través do emprendemento colectivo, a grupos promotores de empresas cooperativas, profesionais autónomas (interesadas en agruparse), persoas e colectivos do tecido sociocomunitario interesadas en compartir servizos, recursos, investimentos, etc., a través do emprendemento cooperativo.
Contará co seguinte programa:
> Módulo 1 | O emprendemento cooperativo
> Módulo 2 | Características das empresas cooperativas
> Módulo 3 | A organización na cooperativa
> Módulo 4 | Pasos para a constitución da cooperativa – Presentación dunha experiencia cooperativa en funcionamento
O curso consta de 2 sesións, virtuais de aprendizaxe, por videoconferencia en directo.
Demanda de praza e inscrición: 881 887 456 – patane@espazo.coop
Divulgación | Xornada Fomento do Emprendemento Cooperativo
A finais de xullo celebrouse a primeira das actividades do «Itinerario de Emprendemento Cooperativo», unha Xornada de divulgación para estimular ao público e visibilizar ás cooperativas como unha fórmula para crear unha empresa en común xunto a outras persoas, baixo condicións de igualdade, xestión democrática, participativas, e en co-gobernanza.
A xornada realizouse o 27 de xullo por videoconferencia e mostrou as potencialidades que brinda o cooperativismo para:
> A xeración de emprego de calidade
> A mellora de determinados sectores socioeconómicos
> Favorecer o equilibrio territorial
> Crear e consolidar redes comunitarias, dinamizando sectores de actividade, en concreto no ámbito dos Coidados
> Favorecer o emprendemento colectivo en actividades con potencial para contribuír ao desenvolvemento socioeconómico e comunitarioNova relacionada da xornada realizada neste enlace
CONTÁCTANOS para solicitar máis información do ITINERARIO DE EMPRENDEMENTO COOPERATIVO da provincia da Coruña, cita previa de atención, e demandar estes servizos e actividades: 981 57 55 78 | info@espazo.coop | www.espazo.coop