Subvenciones Emprendimiento Plus
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convocou as subvencións Emprendemento Plus para apoiar o investimento e a creación de emprego para as anualidades 2023-2024.
A finalidade é apoiar o fortalecemento e consolidación de iniciativas de emprendemento que teñan unha antigüidade máxima de 42 meses, para impulsar a creación de emprego mediante axudas á consolidación de actividades económicas viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.
Poden ser beneficiarias destas axudas, entre outras, as empresas e organizacións de economía social, como as cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción, centros especiais de emprego, etc.
Para optar ao Programa II Emprendemento PLUS Emprego é preciso solicitar tamén a axuda do Programa I Emprendemento PLUS Investimentos.
Os conceptos subvencionables do Programa I Emprendemento PLUS Investimentos son:
- Equipamento informático.
- Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira.
- Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
- Reforma e habilitación das instalacións do local do negocio.
- A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipamento de segunda man.
A contía da axuda do Programa I Emprendemento PLUS Investimentos terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado:
- Con investimentos de 10 000 € ou máis ata un límite de 30 000 €, a contía da axuda será do 60 % do investimento.
- Con investimentos de 30 001 € ou máis ata un límite de 50 000 €, a contía da axuda será do 55 % do investimento.
- Con investimentos de 50 001 € ou máis ata un límite de 100 000 €, a contía da axuda será do 50 % do investimento.
- Con investimentos de 100 001 € ou máis ata un límite de 200 000 €, a contía da axuda será do 45 % do investimento.
As contías dos incentivos do Programa II Emprendemento PLUS Emprego son as seguintes:
- As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas: incentivo de 6000 €.
- As contratacións de fixos descontinuos, para contratos de duración dun mínimo de 9 meses e a xornada completa: incentivo de 6000 €.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 17 de agosto de 2023.
Descarga a infografía resumo da axuda.
Antes de facer a solicitude, consulta a orde completa premendo aquí.