Convite ao Día do Cooperativismo Galego
[ Sábado 2 de xullo ás 12 horas – Parque da Música – Santiago de Compostela ]
A celebración do Día do Cooperativismo Galego que está organizado pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, será o sábado 2 de xullo coincidindo coa celebración en todo o mundo do Día Internacional das Cooperativas.
Con tal motivo a Consellería envía un Convite para asistir ao acto extensible a tódalas cooperativas socias da Unión de Cooperativas.
Este ano o lema escollido é «As cooperativas constrúen un mundo mellor».
Informarvos que dentro da programación do acto entregaranse os «Premios do Certame Cooperativismo no Ensino» e os «Premios á Cooperación 2022» que este ano galardoa a dúas cooperativas socias Aventeira de Fene e 13 Grados de Vigo, ademais de á cooperativa Agroflor.
Ademais, destacar que está previsto realizar unha pequena homenaxe póstuma á nosa querida e estimada Olga Amoedo, cooperativista e profesora na escola cooperativa Colexio Alborada de Vigo durante toda unha vida profesional, tamén foi moi activa no movemento cooperativo galego, exercendo cargos de representación, a presidencia na Unión de Cooperativas de Ensino de Galicia (Ucetag), e no consello da Federación de Cooperativas Sinerxia, antes da fusión destas entidades na actual EspazoCoop.
Lembrade que o acto celébrase no Parque da Música, ao lado do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela a partir das 12 horas.
Deixamos para consulta a páxina web do Día do Cooperativismo Galego 2022 neste enlace
Para confirmar asistencia:
– Pódese cubrir o formulario da web: formulario na web
– Tamén enviar un correo a diadocooperativismo@xunta.gal indicando os seguintes datos:
- Nome e apelidos da persoa que inscribe.
- Entidade ou cooperativa.
- Número de persoas que asistiredes.
- Teléfono de contacto.
– Ou chamar de 9 a 14 horas ao 604062506.