III PREMIO EMPRENDEMOS 

Fomento do Emprendemento Cooperativo na Escola

Destinatarias: Cooperativas de ensino
Inscricións: ata o 31 de xaneiro de 2020

Dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop e UECoE animamos ás Cooperativas de Ensino a participar na III Edición do Premio do Grupo Cooperativo CajaMar EMPRENDEMOS ‘Fomento do Emprendemento Cooperativo na Escola’.

‘Fomento do emprendemento Cooperativo na Escola’, é un certamen dirixido a alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica que estean cursando os seus estudos en Cooperativas de Ensino, o premio enmárcase dentro do acordo de colaboración asinado entre CajaMar e UECoE.

As bases de participación con toda a información do Premio, así como os Anexos 1  formulario de inscrición a cumprimentar nun primeiro momento para poder participar e o Anexo 2 co modelo orientativo de memoria do proxecto a concursar, nestes enlaces:

Bases de Participación

Anexo 2 – Memoria Proxecto

Tamén poderán ser consultados na web www.uecoe.es dende onde se poderá cumprimentar o formulario de inscrición para participar e en concreto dende este enlace:

https://forms.gle/TXqgRZHowMtFabZ16

Para calquera aclaración pódese contactar vía telefónica no 91 447 34 63 ou vía mail a formacion@uecoe.es

A inscrición ao Premio é ata o 31 de xaneiro de 2020 e a partir desa data e ata o 1 de maio de 2020 poderanse enviar os proxectos correspondentes que concursen.

UECoE e o Grupo Cooperativo CajaMar queren con estes premios valorar aquelas iniciativas que desenvolven a aptitude emprendedora na aula e nas que destaquen, a orixinalidade, grao de madurez e carácter innovador; viabilidade profesional, comercial, técnica, legal e económica; incorporación de elementos de desenvolvemento tecnolóxico; capacidade para desenvolver traballo en equipo; capacidade de implantación noutros territorios así como de cooperación con outras empresas; impacto social e sostenibilidade do proxecto, entre outros.