Programa formativo Medrando Xuntas. Talento feminino na economía social en Galicia

/, Rede Eusumo/Programa formativo Medrando Xuntas. Talento feminino na economía social en Galicia
A Consellería de Economía, Emprego e Industria cree que a economía social é un dos motores que contribúen a construír un mundo máis xusto e inclusivo. Un dos feitos que o corroboran é que entre os seus valores fundacionais se atopa a promoción da igualdade entre mulleres e homes.
Por iso, a Secretaría Xeral de Emprego pon en marcha o programa formativo Medrando Xuntas, iniciativa enmarcada dentro do programa Emprega en feminino, que promociona o talento feminino nas entidades de economía social. Medrando Xuntas está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social, ben sexan socias e/ou traballadoras, responsables de dirección e/ou de goberno.
O programa conta con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras. En ambos casos os contidos están organizados en áreas temáticas vinculadas á xestión das organizacións e ás habilidades persoais, adaptados aos diferentes perfís das destinatarias.
Toda a información relativa a ambas as dúas formacións: docentes, programa completo, horarios, etc. podes consultala nas seguintes ligazóns: curso directivas e curso socias.
As inscricións poden realizarse a través dos formularios web (para directivas e socias​), no enderezo electrónico medrandoxuntas.emprego@xunta.gal ou no teléfono 676 531 453.
2017-10-06T11:48:01+00:00 7/09/2017|Formación, Rede Eusumo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies