A Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA) lanzou o vídeo » Por que unha cooperativa? «. Nel un grupo de mozos e mozas explican dun xeito ameno e sinxelo, con actores, a opción que ten a mocidade de formar unha cooperativa de traballo, sobre todo en tempos de crise e cando non parece haber moitas alternativas máis que irse do país.
O vídeo pode usarse en cursos ou en actos para promover o cooperativismo de traballo, sobre todo no sector da xuventude, onde se atopa a maioría do desemprego, que afecta ao 50% da poboación desta franxa de idade.
Accede ao vídeo premendo en: Por que unha cooperativa de traballo?
Fonte: www.empresaytrabajo.coop