Culturgal 2017 acoge a el cooperativismo y la economía social del sector cultural

/, Ofertas de cooperativas/Culturgal 2017 acoge a el cooperativismo y la economía social del sector cultural

Culturgal 2017 acolle ao cooperativismo e a economía social do sector cultural na súa 10 edición, será no Expositor común posto a disposición pola Rede Eusumo, os días 1, 2 e 3 de decembro na Cidade da Cultura de Pontevedra.

Na Feira das Industrias Culturais teredes ocasión de coñecer o traballo e os proxectos que realizan as cooperativas 7H, O Cable Inglés, Xeitura Patrimonio Cultural, Urdime, Cestola na Cachola, Catro Ventos, Cunde, Miudiño, Miraxe, Sacauntos, e a outras empresas culturais do ámbito da economía social como 10d10, Xeneme ou Cegasal.

Podes consultar as empresas que conforman o stand  neste Dossier informativo de entidades.  O espazo expositivo que promocionará a economía social vinculada á actividade cultural, estará ubicado nos postos 93-96 e conta cunha Programación propia.

Espazocoop tamén terá certa presenza no Expositor porque presenta a campaña de visibilización e posta en valor do modelo cooperativo, coa presentación da imaxe gráfica ‘SOMOS COOP’, coa que se animará ás cooperativas e as persoas cooperativistas a que sexa empregada, tanto nas súas empresas como onde desexen ubicala, para amosar e comunicar ao público a súa esencia cooperativa, o seu diferencial e o orgullo de pertencer á gran familia cooperativa.

Culturgal este ano celebra a súa 10ª edición, unha década xa promocionando a cultura galega.

Web: Culturgal 

 

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies