A Concellería de Emprego e Economía do Concello da Coruña organiza os días 29 e 30 de setembro a FEIRA DE ECONOMÍA SOCIAL no Campo da Leña (Praza de España).

A partir do venres 29 de setembro ás 17 h. a Feira estará aberta. Contará con distintos espazos:

  • Ágora : espazo informativo, con actividades divulgativas e profesionais
  • Entidades expositoras nos sectores : Cultura – Servizos – Alimentación – Construcción – Consumo –  Asociacións solidarias
  • Charlas sobre cooperativismo, comercio xusto, consumo, economía social, cláusulas sociais…
  • Documentais
  • Actuacións lúdicas
  • Espazo infantil : xogos, modelaxe, elaboración de queixos, moda sostible…

 

 

 

Unha feira que procura poñer en valor a Economía Social, na que todo xira ao redor deste sector. O que nos ofrecerá esta iniciativa ven da man das entidades de economía social, amosando que moitas das necesidades e moitos ámbitos poden organizarse desde unha economía con valores.

Algunhas das cooperativas socias de Espazocoop estarán presentes na Feira entre outras organizacións,  como Melandrainas, Cine e Documental, Pegadas, Medatlantia, Gálica, ou 7H Cooperativa Cultural.

A Unión de Cooperativas Espazocoop é entidade colaboradora da Feira de Economía Social da Coruña, xunto a Aeiga, REAS Galicia, Aesgal, Agaca, Cegasal e Zocamiñoca.

PROGRAMA: FEIRA ECONOMÍA SOCIAL – A CORUÑA 29-30 Setembro CARTEL : Aquí