Teleformación 2019 | Oferta de cursos de EspazoCoop con inicio en Abril

A Unión de Cooperativas ESPAZO COOP continúa coa súa oferta de cursos na modalidade TELEFORMACIÓN MIXTA, de carácter gratuíto e no marco da programación de actividades da Rede Eusumo.

Destinatarias : Esta programación está dirixida a socias e socios de cooperativas; persoas asalariadas de cooperativas; persoas socias e traballadoras noutras entidades de economía social; e  público interesado en xeral

A inscrición está aberta para as actividades formativas en modalidade Teleformación Mixta que se indican a continuación, recordando que nesta modalidade unha parte da formación é teleformación a través de internet , e outra parte é formación presencial (2 sesións). Deberá dispór dun ordeador con conexión a internet.

ASEMBLEAS E REUNIÓNS

2ª edición – Vigo | Do 8 de abril ao 15 de maio de 2019 | 40 h. |

Programa| Cartel | Inscrición

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO EN COOPERATIVAS

2ª edición – A Coruña | Do 8 de abril ao 15 de maio de 2019 | 40 h.|

Programa | Cartel | Inscrición

Estas actividades foron presentadas ante a Consellería do Mar para a súa inclusión no Catálogo de Actividades Formativas do baremo no marisqueo a pé, a vara e recursos específicos, e son baremables.

Convoca e organiza: ESPAZO COOP Unión de Cooperativas Galegas.

Estas accións formativas enmárcanse no programa de actuación 2019 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.