Parácheste a pensar : Como mellorar a vosa cooperativa?
En moitas ocasións o día a día non deixa tempo para o máis importante: Como podemos mellorar?
Na situación que estamos a vivir, témonos que facer as preguntas correctas para atopar as respostas axeitadas e establecer obxectivos e estratexias para a mellora.
En Ugacota somos conscientes disto e vos ofrecemos un programa de formación e asesoramento titorizado no que analizar e avaliar a cooperativa coa finalidade de implementar procesos ou plans de mellora, ao abeiro da Rede Eusumo.
Mediante un traballo personalizado, farase unha diagnose das distintas áreas de xestión da cooperativa: comercial, organizativa, produción, económico-financeira para poñer en marcha estratexias para a mellora.
– 20 horas de formación-asesoramento
– 6 sesións presenciais e individualizadas
– sesións semanais
– apoio permanente dun titor e seguimento da evolución
Fin do período de execución: 31 de Outubro de 2014
Fai clic: Cartel informativo
Prazo de solicitude: 18 de xullo de 2014, prazas limitadas