A Consellería de Economía, Emprego e Industria cree que a economía social é un dos motores que contribúen a construír un mundo máis xusto e inclusivo. Un dos feitos que o corroboran é que entre os seus valores fundacionais se atopa a promoción da igualdade entre mulleres e homes.
Por iso, a Secretaría Xeral de Emprego pon en marcha o programa formativo Medrando Xuntas, iniciativa enmarcada dentro do programa Emprega en feminino, que promociona o talento feminino nas entidades de economía social. Medrando Xuntas está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social, ben sexan socias e/ou traballadoras, responsables de dirección e/ou de goberno.
O programa conta con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras. En ambos casos os contidos están organizados en áreas temáticas vinculadas á xestión das organizacións e ás habilidades persoais, adaptados aos diferentes perfís das destinatarias.
Toda a información relativa a ambas as dúas formacións: docentes, programa completo, horarios, etc. podes consultala nas seguintes ligazóns: curso directivas e curso socias.
As inscricións poden realizarse a través dos formularios web (para directivas e socias), no enderezo electrónico medrandoxuntas.emprego@xunta.gal ou no teléfono 676 531 453.