Programa Consolida +
Consolidando ás Cooperativas

[Edición 2025]

 

 

 

 

O Programa Consolida+ Consolidando ás Cooperativas da Unión de Cooperativas EspazoCoop, realizado no marco da programación 2025-2026 da Rede Eusumo, ten por finalidade asesorar en procesos de consolidación e mellora de cooperativas que integran a base social da Unión de xeito gratuíto, e conta cun fondo de 750 horas ata setembro de 2025.

Dende outubro de 2024 véñense beneficiando distintas socias en ámbitos e temáticas que necesitan abordar, o asesoramento prestado pode ir dende a diagnose inicial e a análise dalgunha-s área-s da empresa como a comercial, organizativa, económica e financeira, ata a planificación para implementar medidas de mellora.

Consolida+ busca manter e incrementar o emprego cooperativo, mellorar as condicións de traballo e garantir a viabilidade e o crecemento das cooperativas usuarias mediante o acompañamento personalizado. Como obxectivos márcase:

  • Dar soporte e apoio ás socias para a consolidación.
  • Acompañar ás socias, órganos directivos e consellos reitores para asumir con garantías o seu papel de goberno e xestión.
  • Impulsar o encontro e as relacións entre cooperativas.
  • Facilitar ferramentas específicas de xestión empresarial.

As usuarias do Programa Consolida+ terán á súa disposición un recurso formativo na plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas, trátase do curso en liña «Ferramentas Básicas de Xestión Cooperativa» (20 horas), sobre organización societaria e xestión empresarial en cooperativas, co que complementarán o asesoramento recibido e refrescarán aspectos básicos do modelo cooperativo, sempre que sexa recomendada a súa realización polo persoal técnico do Programa.

O Programa prevé a elaboración dun vídeo para difundir e dar a coñecer Consolida+, así como pór en valor casos de éxito dos procesos de mellora polos que pasan as cooperativas que participan.

Por último realizarase unha Evento de comunicación de resultados en  setembro, servirá para compartir os resultados coas usuarias dos acompañamentos, así como con outras destinatarias e interesadas, para intercambiar impresións, experiencias e seguir construíndo rede.


Curso en liña | Ferramentas básicas de xestión cooperativa | 20 h.

As usuarias do Programa Consolida+ teñen á súa disposición un recurso formativo na plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas, trátase deste curso en liña «Ferramentas Básicas de Xestión Cooperativa» (20 horas), sobre organización societaria e xestión empresarial en cooperativas, co que complementarán o asesoramento recibido e refrescarán aspectos básicos do modelo cooperativo, sempre que sexa recomendada a súa realización polo persoal técnico do Programa.

O curso desenvólvese na modalidade de teleformación. As persoas interesadas inscribiranse a través deste formulario. Unha vez reciban as claves de acceso, poderán entrar no curso onde terán ao seu dispor os materiais teóricos e ferramentas complementarias. O curso estará aberto na plataforma mentres estea activo o programa ( ata 30 de setembro 2025), promovendo así a flexibilidade e a posibilidade de que cada quen organice o seu tempo de estudio. É un curso practicamente autodidacta ó 100%, pero que as usuarias sempre terán a súa disposición as persoas técnicas de EspazoCoop, para o seu desenvolvemento e implementación das ferramentas que se propoñen.

Se es unha cooperativa interesada , aínda que non esteas actualmente participando dentro do Programa Consolida+ , podes inscribirte igualmente e a Unión contactará contigo.

 


MÁIS INFORMACIÓN E CONTACTO PARA COOPERATIVAS INTERESADAS EN SOLICITAR CONSOLIDA+ :

Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop – info@espazo.coop – 981 57 55 78

www.espazo.coop


ESTA INICIATIVA, CONSOLIDA+, CONTA CO APOIO E ENMÁRCANSE NO PROGRAMA:

Programa 2025-2026 da REDE EUSUMO, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción Económica e Igualdade, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.