«Mulleres líderes na economía social » | Xornada 1 outubro

A Unión de Cooperativas EspazoCoop vén desenvolvendo un convenio de colaboración co Concello de Santiago de Compostela durante 2024 para impulsar un ecosistema emprendedor baixo modelos empresariais cooperativos e da economía social.

 

A Xornada «Mulleres líderes na economía social » que se celebrará o martes 1 de outubro na Casa Xohana Torres a partir das 9.45 h., é unha iniciativa realizada dentro do programa de colaboración co Concello de Santiago de Compostela, que busca visibilizar as capacidades das mulleres para emprender e dirixir proxectos empresariais exitosos, presentando recursos e boas prácticas favorecedoras do liderado das mulleres en empresas cooperativas e da economía social. Ao mesmo tempo visibilizará a contribución do cooperativismo para facilitar oportunidades de exercer a igualdade no ámbito laboral e profesional.

Na xornada contaremos coa participación institucional de María Rozas Pérez, Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Primeira Tenenta de Alcaldesa, Concello de Santiago de Compostela, e de Ana Olveira Blanco, Presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Despois da benvida, comezaremos coa charla «A economía social, oportunidade e escola de liderado e gobernanza en igualdade»  con Dolores Calvo, presidenta de Condes de Albarei S. Coop Galega, a seguir desenvolverase o panel «Mulleres líderes na economía social galega» (Rosa Salgado de Miraxe S. Coop. Galega, Silvia Alende de CEE Accede Social, e Charo González (EIL Cormo Integral). Despois dunha pausa café retorase a xornada co panel «Liderados femininos emerxentes» (Cristina Fiaño de Urdime S. Coop. Galega, Claudia Rodríguez de Alén S. Coop. Galega, e Ana Corredoira de As Vacas da Ulloa S. Coop. Galega), despois do cal abrirase un debate.

A xornada está prevista que finalice ás 14 h.

Programa e inscrición á xornada

Coñece o programa e inscríbete! a asistencia é gratuíta :

Programa || Cartel || Inscrición

—-

[Actividades dentro do Programa ‘Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social’, no marco de Compostela Móvese 2024, do Concello de Santiago de Compostela].