Amtega, en colaboración coa Rede Eusumo, organiza o 28 de xuño unha sesión en Santiago de Compostela para fomentar o uso das novas tecnoloxías entre o sector da economía social , tanto no relativo á páxina web, redes sociais e venda a través de internet como na comunicación.
A transformación dixital reinventa as organizacións grazas á utilización das tecnoloxías, mellorando tanto os procesos internos como os externos e a relación cos clientes.
Presentarán casos reais de aplicación das tecnoloxías en empresas como a túa. Amosaranche tecnoloxías que poidan serche útiles e que esperten a túa curiosidade para que te atrevas a utilizalas de maneira inmediata.
#quickwins #afterworks #leads … #Updatepeme
PROGRAMA:
- 19.00 Apertura e presentación
- 19.10 Relatorio “Descubre as vantaxes da comercialización en liña” Paco&Lola
- 19.30 Mesa de experiencias
- Consulta en liña a última hora da túa explotación de vacún de leite. Seragro S. Coop. Galega
- Como chegar a novos socios e socias grazas á novas tecnoloxías. Nosa Enerxía S. Coop. Galega
- Deseña o teu social media plan para chegar aos teus clientes. Bico de Xeado (Granxa O Cancelo)
- 20.10 Rolda de preguntas e debate
Inscricións e máis información: aquí