Xornada: Talento Cooperativo. Programa de fortalecemento de empresas de economía social [18 de xullo en liña]

 

 

 



 

 

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop celebrará o xoves 18 de xullo a Xornada: Talento Cooperativo, en liña, de 10 a 12.30 h.

O evento, aberto ao público, abordará e informará sobre o proxecto Talento Cooperativo, un programa de fortalecemento para mellorar as áreas de xestión das empresas de economía social galegas, que se artella a través da concesión de bolsas de apoio xerencial aos colectivos destinatarios do programa, está no marco do programa de actuación 2024-2025 da Rede Eusumo (Xunta de Galicia) e do Proxecto Poctep ES_Factory (FSEplus – Cepes).

 

Talento Cooperativo prestará apoio ás entidades de economía social facilitando a incorporación de persoas formadas en xestión empresarial, con coñecementos específicos sobre cooperativas e outras fórmulas da economía social de cara a fortalecer a xestión empresarial e a función xerencial das organizacións beneficiarias dunha bolsa.

Ao mesmo tempo, contribuirá á mellora da empregabilidade e das competencias das persoas bolseiras que se incorporen ás empresas.

Os colectivos obxectivos destinatarios de Talento Cooperativos serán:

  • Persoas mozas menores de 30 anos, preferentemente mulleres, que estean a buscar unha alternativa de emprego de calidade que lles permita conciliar a súa vida laboral e persoal.
  • Entidades de economía social con necesidades de perfís profesionais en postos de xerencia e dirección.

 

Talento Cooperativo convocará 4 bolsas en empresas de economía social

Esta nova edición Talento Cooperativo convocará 4 bolsas, en entidades de Economía Social, remuneradas, de 600 horas de duración cada unha, cunha dedicación semanal de 25 horas durante 6 meses, estando previsto o seu inicio no derradeiro trimestre do 2025, aínda que previamente ao seu inicio segue estas fases:

  • Abrimos a solicitude de Talento Cooperativo para cooperativas  | Do 30 de maio ao 30 de xuño 2025
  • Xornada informativa Talento Cooperativo| 19 de xuño 2025, de 10-12.30 | Facultade de Comercio da UVigo, r/ Conde de Torrecedeira 105, Vigo
  • Abrimos a solicitude de Talento Cooperativo para candidatas a bolseiras | Do 1 de xullo a 31 de agosto 2025
  • Formación das candidatas bolseiras pre-seleccionadas  | 16 e 18 de setembro 2025
  • INICIO das estadías nas cooperativas e empresas de economía social! | Último trimestre de 2025

 

Por que inscribirse a esta xornada?

> Se estás interesada en ser bolseira nunha empresa de economía social

> Se a túa empresa de economía social quere contar cunha bolseira para apoiar a área da xerencia

> Se traballas no ámbito da promoción do emprego e a formación, e queres coñecer un novo recurso para as túas usuarias e alumnado

Participa e INSCRÍBETE á xornada! aquí. Poderás informarte, coñecer o programa e valorar se te interesa formalizar a túa solicitude para ser participante do programa Talento Cooperativo (ben como bolseira, ben como empresa de economía social receptora dunha bolsa)

PROGRAMA da xornada Talento Cooperativo: aquí

Máis información: 986 866 149 – roberto@espazo.coop

A participación nesta actividade é totalmente gratuíta para as persoas participantes.

 


CONVOCA: Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop

INICIATIVA NO MARCO DOS PROGRAMAS:

Proxecto 0259_ES_Factory_1_E que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal 2021-2027.

Programa 2024-2025 da Rede Eusumo – Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social del Gobierno de España.


Nova relacionada:

Convocatoria para cooperativas e entidades de economía social 2025. Prazo solicitude: 30 de xuño 2025