Xornada Consolida+:
Cooperativas máis fortes
A Unión de Cooperativas EspazoCoop prestou os servizos do programa Consolida+ Consolidando ás cooperativas na súa edición 2024-2025 consistentes en asesorar e acompañar a cooperativas en funcionamento, en distintos ámbitos e áreas do seu interese que inciden na mellora e consolidación empresarial das cooperativas usuarias. O programa conta co apoio da Rede Eusumo-Xunta de Galicia.
O asesoramento prestado por Consolida+ pode ir dende a diagnose inicial e a análise dalgunha área da empresa como a comercial, organizativa, económica e financeira, ata a planificación para implementar medidas que beneficien á cooperativa e contribúan a súa evolución.
O martes 16 de setembro ás 10 horas, en Vigo, terá lugar a Xornada do Programa Consolida+ edición 2024-2025, na sede da cooperativa A Morada, na rúa Enrique X. Macías 6.
Na sesión presentaranse o servizo Consolida+ e os resultados desta edición, daranse a coñecer boas prácticas de cooperativas consolidadas, informarase sobre liñas de apoio e axudas á consolidación, e se facilitará a xeración de redes para a colaboración e intercooperación entre as cooperativas e o resto de público participante.
Contaremos coa asistencia e participación da Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, o Subdirector de Asesoramento Empresarial e Apoio da Oficina Económica de Galicia, José Manuel Fernández, con representantes de EspazoCoop e con varias cooperativas socias usuarias de Consolida+ da Unión.
A xornada Consolida+ está destinada a cooperativas socias de EspazoCoop e outras cooperativas non socias, a persoal técnico e profesionais de servizos de asesoramento e xestión de empresas, servizos de fomento do emprendemento públicos e privados, interesados en coñecer boas prácticas e os servizos que presta o programa Consolida+. Tamén pode ser de interese para outros públicos e entidades.
Programa e inscrición:
- Inscríbete >> neste enlace
- Programa da xornada Consolida+ >> neste enlace
Deja tu comentario