Formación para cadros directivos de cooperativas
[inicio 10 de xuño]
A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a actividade Formación para cadros directivos de cooperativas, un curso gratuíto de 25 horas en modalidade de teleformación, impartido dende a Aula Virtual de EspazoCoop, do 10 ao 26 de xuño de 2024.
Esta actividade conta co apoio da Rede Eusumo, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción Económica e Igualdade, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.
Tamén conta co apoio do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través do organismo intermedio Cepes.
É preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de participantes.
Por que facer esta formación? que se acadará?
- Identificar os requisitos e as condicións necesarias para unha óptima xestión do modelo cooperativo.
- Mellorar a función directiva para cooperativas.
- Coñecer as achegas sociais e económicas das cooperativas.
- Acceder a recursos e ferramentas útiles para as persoas socias e os equipos técnicos das cooperativas.
- Facer parte de redes de intercambio e colaboración entre as persoas socias con responsabilidades xerenciais das cooperativas participantes.
A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e ao formulario de inscrición, facendo clic nos enlaces: PROGRAMA | INSCRICIÓN