Formación comercial: coopera, comunica e vende
A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza o curso de teleformación gratuíta Formación comercial: coopera, comunica e vende, de 25 horas de duración, impartido dende a Aula Virtual de EspazoCoop, do 11 ao 27 de setembro de 2024.
Esta actividade conta co apoio da Rede Eusumo, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción Económica e Igualdade, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.
Tamén conta co apoio do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través do organismo intermedio Cepes.
É preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de participantes.
Por que facer esta formación? que se acadará?
- Capacitación e mellora nas habilidades de xestión comercial das cooperativas.
- Análise e coñecemento sobre a situación dos procedementos e sistemas de comercialización das cooperativas participantes na formación.
- Coñecemento sobre recursos e ferramentas útiles que permitan melloras nos procesos e sistemas de comercialización.
- Facer redes de intercambio, coñecemento mutuo, e colaboración, no eido comercial.
A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e ao formulario de inscrición, facendo clic nos enlaces: PROGRAMA | CARTEL | INSCRICIÓN